Medio Rural
Inicio >> FOGGA >> Política Agraria Común >> Pagamento único

Xestión de dereitos de pagamento único

Asignación de dereitos de pagamento único

O pagamento único
É un pagamento que agrupa a meirande parte das axudas directas da PAC (Política Agrícola Común) que ata o ano 2005 estivo a recibir a explotación, e que se solicitará unha vez cada ano mediante a presentación da solicitude única.

Algunhas das axudas intégranse totalmente e outras parcialmente no pagamento único, segundo se indica na táboa seguinte:

Pagamento único
Sectores Tipo de liñas de axuda Aplicación parcial en % % retención (art.69) % RPU
Superficies Cultivos COPL 75% - 75%
Retirada obrigatoria 100% - 100%
Leguminosas de consumo humano 100% - 100%
Leguminosas de consumo animal 100% - 100%
Forraxes desecadas 100% - 100%
Vacún de carne Prima especial vacún macho 100% 7% 93%
Sacrificio de adultos 60% - 60%
Pagamento por extensificación 100% 7% 93%
Pagamentos adicionais 100% 7% 93%
Ovino-cabrún Prima base 50% - 50%
Prima complementaria 50% - 50%
Pagamentos adicionais 100% - 100%
Lácteo Prima láctea e pagamentos adicionais 100% 10% 90%


Cada ano, para a percepción do pagamento único, o solicitante deberá demostrar que é agricultor, que dispón de dereitos de pagamento único baseados nas axudas percibidas no período de referencia, que ten a superficie necesaria e que cumpre os requisitos de admisibilidade e condicionalidade.

Considéranse superficies admisibles para o pagamento único as terras de cultivo e pastos permanentes agás os ocupados por cultivos permanentes, patacas ou bosques ou as utilizadas para actividades non agrarias.

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS