Medio Rural

PAC 2013

Solicitude Unificada 2013

Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2013, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando, a indemnización compensatoria e outras axudas previstas no Contrato de Explotación Sustentable unificando tamén o período de solicitude.

As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2013 son:
  1. Solicitude de axuda do réxime do pagamento único
  2. Solicitude de dereitos da reserva nacional do RPU.
  3. Solicitude de axuda específica Programa Nacional para a calidade das legumes. Art. 68 R(CE) 73/2009.
  4. Solicitudes de prima por vacas nutrices. Art. 111 R(CE) 73/2009
  5. Solicitude de axuda específica para a mellora da calidade da carne de vacún . Art. 68 R (CE) 73/2009
  6. Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores que manteñen vacas nutrices Art.68 R(CE) 73/2009.
  7. Solicitudes de axuda específica para a mellora da calidade das producións de ovino-cabrún Art. 68 R (CE) 73/2009
  8. Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector ovino Art.68 R(CE) 73/2009
  9. Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector cabrún Art.68 R(CE) 73/2009
  10. Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector vacún de leite Art.68 R(CE) 73/2009
  11. Solicitudes de axuda específica para a mellora da calidade do leite e os produtos lácteos. Art 68 R(CE) 73/2009
  12. Axudas integradas no Contrato de Explotación Sustentable:
    1. Axudas agroambientais
    2. Axudas relativas ao benestar dos animais
  13. Indemnización compensatoria
En relación coas axudas incluídas no Contrato de Explotación Sustentábel, os agricultores deberán utilizar os servizos dunha entidade de aconsellamento ou de xestión, recoñecida oficialmente pola Consellaría do Medio Rural e do Mar.

Relación de entidades de aconsellamento e xestión (información actualizada a 29 de febreiro de 2012) (63 Kb)

Na campaña 2013 pódese tramitar a Solicitude Unificada por calquera dos seguintes procedementos:
  • Utilizando os modelos de solicitudes impresos en papel correspondentes a cada tipo de axuda a solicitar, presentando a solicitude nas Oficinas Agrarias Comarcais ou en calquera dos sistemas de presentación previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
  • Se o agricultor dispón de certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre, utilizando o rexistro telemático e a aplicación WEBPAC 2013.
  • Se o agricultor non dispón de certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre, coa participación dunha entidade colaboradora que teña asinado un convenio co FOGGA e achegando o seu CIF/NIF/NIE e a clave persoal facilitada a cada agricultor polo FOGGA, utilizando a aplicación WEBPAC 2013 e o rexistro telemático.

Acceso á aplicación WEBPAC

Manual Entidades Colaboradoras Axudas PAC - DR 2013 (11,25 Mb)

Manual do usuario da aplicación WEBPAC 2013 (856 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS