Medio Rural

PAC 2012

Solicitude Unificada 2012

Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2012, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando, a indemnización compensatoria e outras axudas previstas no Contrato de Explotación Sustentable unificando tamén o período de solicitude.

As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2012 son:
  1. Solicitude de axuda do réxime do pagamento único
  2. Solicitude de dereitos da reserva nacional do RPU.
  3. Solicitude de axuda específica Programa Nacional para a calidade das legumes. Art. 68 R(CE) 73/2009.
  4. Solicitudes de prima por vacas nutrices. Art. 111 R(CE) 73/2009
  5. Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores que manteñen vacas nutrices Art.68 R(CE) 73/2009.
  6. Solicitude de axuda específica para a mellora da calidade da carne de vacún . Art 69 R(CE) 1782/2003
  7. Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector vacún de leite Art.68 R(CE) 73/2009
  8. Solicitudes de axuda específica para a mellora da calidade do leite e os produtos lácteos. Art 68 R(CE) 73/2009
  9. Solicitudes de axuda específica para a mellora da calidade das producións de ovino-cabrún Art. 68 R (CE) 73/2009
  10. Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector cabrún Art.68 R(CE) 73/2009
  11. Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector ovino Art.68 R(CE) 73/2009
  12. Axudas agroambientais
  13. Solicitude de axudas ao benestar animal
  14. Indemnización compensatoria
En relación coas axudas incluídas no Contrato de Explotación Sustentábel, os agricultores deberán utilizar os servizos dunha entidade de aconsellamento ou de xestión, recoñecida oficialmente pola Consellaría do Medio Rural e do Mar.

Relación de entidades de aconsellamento e xestión (24 Kb)

Na campaña 2012 pódese tramitar a Solicitude Unificada por calquera dos seguintes procedementos:
  • Utilizando os modelos de solicitudes impresos en papel correspondentes a cada tipo de axuda a solicitar, presentando a solicitude nas Oficinas Agrarias Comarcais ou en calquera dos sistemas de presentación previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
  • Se o agricultor dispón de certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre, utilizando o rexistro telemático e a aplicación WEBPAC 2012.
  • Se o agricultor non dispón de certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre, coa participación dunha entidade colaboradora que teña asinado un convenio co FOGGA e achegando o seu CIF/NIF/NIE e a clave persoal facilitada a cada agricultor polo FOGGA, utilizando a aplicación WEBPAC 2012 e o rexistro telemático.

Acceso á aplicación WEBPAC

Manual Entidades Colaboradoras Axudas PAC - DR 2012 (3 Mb)

Manual do usuario da aplicación WEBPAC 2012 (972 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS