Medio Rural
Inicio >> FOGGA >> Política Agraria Común >> Intervención de mercados

Intervención de mercados

Distribución gratuíta de produtos retirados do mercado, do sector das froitas e hortalizas

Obxecto
Na normativa establecida pola UE para a organización común do mercado no sector das froitas e hortalizas contémplanse axudas á retirada de produtos do mercado polas organizacións de produtores. Entre os diversos destinos posibles deses produtos sinálanse a súa distribución gratuíta a obras de beneficencia ou a institucións caritativas, recoñecidas a tal fin polos Estados membros, para as súas actividades en favor das persoas ás que as lexislacións nacionais recoñezan o dereito a recibir asistencia pública debido principalmente á insuficiencia dos recursos necesarios para a súa subsistencia.

Destinatarios da distribución gratuíta
Organización caritativa: entidade recoñecida pola lexislación para desenvolver as súas actividades en favor das persoas necesitadas e autorizada pola autoridade competente da comunidade autónoma onde está situada a súa sede social segundo o seu ámbito de actuación, para xestionar tanto a distribución gratuíta das retiradas de froitas e hortalizas aos centros beneficiarios asociados como a distribución directa a persoas necesitadas.

Centro beneficiario asociado: centro beneficiario que recibe exclusivamente retiradas de froitas e hortalizas directamente da organización caritativa á que estea asociado.

Centro beneficiario: entidade caritativa recoñecida pola lexislación para desenvolver as súas actividades a favor das persoas necesitadas e autorizada pola autoridade competente da comunidade autónoma para a recepción, directamente das organizacións de produtores, das froitas e hortalizas provenientes de retiradas, como último destinatario das mesmas, co fin de que sexan consumidas polas persoas acollidas nese centro.

Normativa que a regula
  • Regulamento (CE) 1234/2007 (1 Mb) do Consello do 22 de outubro de 2007 (consolidado a 1 de maio de 2010) polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas (Regulamento único para as OCM)

    Este documento leva incluídas as modificacións dos seguintes regulamentos:
    • Regulamento (CE) 247/2008 do Consello do 17 de marzo de 2008 L 76 1 19.3.2008
    • Regulamento (CE) 248/2008 do Consello do 17 de marzo de 2008 L 76 6 19.3.2008
    • Regulamento (CE) 361/2008 do Consello do 14 de abril de 2008 L 121 1 7.5.2008
    • Regulamento (CE) 470/2008 do Consello do 26 de maio de 2008 L 140 1 30.5.2008
    • Regulamento (CE) 510/2008 da Comisión do 6 de xuño de 2008 L 149 61 7.6.2008
    • Regulamento (CE) 13/2009 do Consello do 18 de decembro de 2008 L 5 1 19.1.2009
    • Regulamento (CE) 72/2009 do Consello do 19 de xaneiro de 2009 L 30 1 31.1.2009
    • Regulamento (CE) 183/2009 da Comisión do 6 de marzo de 2009 L 6 9 7.3.2009
    • Regulamento (CE) 435/2009 da Comisión de 26 de maio de 2009 L 128 12 27.5.2009
    • Regulamento (CE) 491/2009 do Consello de 25 de maio de 2009 L 154 1 17.6.2009
    • Regulamento (CE) 1047/2009 do Consello do 19 de outubro de 2009 L 290 1 6.11.2009
    • Regulamento (CE) 1140/2009 do Consello do 20 de novembro de 2009 L 312 4 27.11.2009
  • Regulamento (CE) 72/2009 (232 Kb) do Consello do 19 de xaneiro de 2009 polo que se adapta a política agrícola común mediante a modificación dos Regulamentos (CE) 247/2006, (CE) 320/2006, (CE) 1405/2006, (CE) 1234/2007, (CE) 3/2008 e (CE) 479/2008 e a derrogación dos Regulamentos (CEE) 1883/78, (CEE) 1254/89, (CEE) 2247/89, (CEE) 2055/93, (CE) 1868/94, (CE) 2596/97, (CE) 1182/2005 e (CE) 315/2007.
  • Regulamento (CE) 13/2009 (55 Kb) do Consello do 18 de decembro de 2008 que modifica o Regulamento (CE) 1290/2005 sobre o financiamento da política agrícola común e o Regulamento (CE) 1234/2007 polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas (Regulamento único para as OCM) co fin de establecer un plan de consumo de froita nas escolas.
  • Regulamento (CE) 288/2009 (776 Kb) da Comisión do 7 de abril de 2009 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1234/2007 do Consello no relativo á concesión dunha axuda comunitaria para a distribución de froitas e hortalizas, froitas e hortalizas transformadas e produtos do plátano aos nenos nos centros escolares, no marco dun plan de consumo de froita nas escolas.
  • Regulamento (CE) 2200/1996 (consolidado a data 06/01/2005) do Consello do 28 de outubro de 1996 polo que se establece a organización común de mercados no sector das froitas e hortalizas. (172 Kb)

    Este documento leva incluídas as modificacións dos seguintes regulamentos:
    • Regulamento (CE) nº 2520/97 da Comisión do 15 de decembro de 1997 L 346 41 17.12.1997
    • Regulamento (CE) nº 857/1999 do Consello do 22 de abril de 1999 L 108 7 27.4.1999
    • Regulamento (CE) nº 1257/1999 do Consello do 17 de maio de 1999 L 160 80 26.6.1999
    • Regulamento (CE) nº 2699/2000 do Consello do 4 de decembro de 2000 L 311 9 12.12.2000
    • Regulamento (CE) nº 2826/2000 do Consello do 19 de decembro de 2000 L 328 2 23.12.2000
    • Regulamento (CE) nº 718/2001 da Comisión do 10 de abril de 2001 L 100 12 11.4.2001
    • Regulamento (CE) nº 911/2001 da Comisión do 10 de maio de 2001 L 129 3 11.5.2001
    • Regulamento (CE) nº 545/2002 do Consello do 18 de marzo de 2002 L 84 1 28.3.2002
    • Regulamento (CE) nº 1881/2002 do Consello do 14 de outubro de 2002 L 285 13 23.10.2002
    • Regulamento (CE) nº 47/2003 da Comisión do 10 de xaneiro de 2003 L 7 64 11.1.2003
    • Regulamento (CE) nº 6/2005 da Comisión do 4 de xaneiro de 2005 L 2 3 5.1.2005
    Rectificado por:
    • Rectificación, DO L 271 de 3.10.1997, p. 19 (2200/96)
    • Rectificación, DO L 187 de 20.7.1999, p. 74 (2200/96)
    • Rectificación, DO L 302 de 1.12.2000, p. 72 (1257/1999)
  • Regulamento (CE) 103/2004 da Comisión, do 21 de xaneiro de 2004, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 2200/96 do Consello no que atingue ao réxime de intervencións e retiradas do mercado no sector das froitas e hortalizas. (211 Kb)
  • Regulamento (CE) 1182/2007 do Consello, do 26 de setembro de 2007, polo que se establecen disposicións específicas con respecto ao sector das froitas e hortalizas, se modifican as Directivas 2001/112/CE e 2001/113/CE e os Regulamentos (CEE) nº 827/68, (CE) nº 2200/96, (CE) nº 2201/96, (CE) nº 2826/2000, (CE) nº 1782/2003 e (CE) nº 318/2006 e se derroga o Regulamento (CE) nº 2202/96. (204 Kb)
    Corrección de erros do Regulamento (CE) 1182/2007 (36 KB) do Consello, do 26 de setembro de 2007, polo que se establecen disposicións específicas con respecto ao sector das froitas e hortalizas, modíficanse as Directivas 2001/112/CE e 2001/113/CE e os Regulamentos (CEE) 827/68, (CE) 2200/96, (CE) 2201/96, (CE) 2826/2000, (CE) 1782/2003 e (CE) 318/2006 e derrógase o Regulamento (CE) 2202/96.
  • Regulamento (CE) 1580/2007 da Comisión, do 21 de decembro de 2007 polo que se establecen disposicións de aplicación dos Regulamentos (CE) nº 2200/96, (CE) nº 2201/96 e (CE) nº 1182/2007 do Consello no sector das froitas e hortalizas. (699 Kb)
  • Regulamento (CE) 292/2008 da Comisión, do 1 de abril de 2008 que modifica o Regulamento (CE) 1580/2007, polo que se establecen disposicións de aplicación dos Regulamentos (CE) 2200/96, (CE) 2201/96 e (CE) 1182/2007 do Consello no sector das froitas e hortalizas. (38 Kb)
  • Regulamento (CE) 441/2009 da Comisión do 27 de maio de 2009 que modifica o Regulamento (CE) 1580/2007 polo que se establecen disposicións de aplicación dos Regulamentos (CE) 2200/96, (CE) 2201/96 e (CE) 1182/2007 do Consello no sector das froitas e hortalizas. (716 Kb)
Modelos de impresos
  • Anexo 1. Solicitude para inscrición no rexistro dunha Organización Caritativa (40 Kb).
  • Anexo 2. Solicitude para inscrición no rexistro dun Centro Beneficiario (106 Kb).
Entidades caritativas e centros beneficiarios galegos autorizados para a distribución gratuita de froitas e hortalizas procedentes de retiradas (1º semestre de 2012)

Entidades benéficas de Galicia (52 Kb).

Relación a nivel nacional das organizacións caritativas e centros beneficiarios para a distribución gratuita de froitas e hortalizas procedentes de retiradas (1º semestre 2012)

Ir á web do FEGA

Normas de comercialización das froitas e hortalizas

Regulamento (CE) 1221/2008 da Comisión do 5 de decembro de 2008 que modifica, no que atinxe ás normas de comercialización, o Regulamento (CE) 1580/2007 polo que se establecen disposicións de aplicación dos Regulamentos (CE) 2200/96, (CE) 2201/96 e (CE) 1182/2007 do Consello no sector das froitas e hortalizas (390 Kb).

Regulamento (CE) 1327/2008 da Comisión do 19 de decembro de 2008 que modifica o Regulamento (CE) 1580/2007 polo que se establecen disposicións de aplicación dos Regulamentos (CE) 2200/96, (CE) 2201/96 e (CE) 1182/2007 do Consello no sector das froitas e hortalizas (52 Kb).

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS