Introdución e aspectos xerais
En virtude do exposto no artigo 4 do Regulamento 73/2009 (pdf, 1,1 Mb) a partir do ano 2005, os agricultores que soliciten axudas da Política Agraria Comunitaria (PAC) deberán cumprir coas Boas Condicións Agrarias e Medioambientais e cos Requisitos Legais de Xestión para percibir o 100% das axudas que lles corresponden.
Segundo o establecido nos artigos 19 e 20 do Regulamento 1975/2006 (pdf, 103 Kb), a partir do ano 2007 os solicitantes de certas liñas do FEADER deberán cumprir coas obrigas da condicionalidade, e cos requisitos mínimos na utilización de abonos e fitosanitarios (solicitantes das liñas agroambientais do Contrato de Explotación Sustentábel (CES)).
O Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello do 22 de outubro, establece nos artigos 85 unvicies e 103 septvicies que os agricultores que reciban pagamentos da prima por arranque e/ou de reestruturación do viñedo deberán respectar os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e medioambientais.
Segundo o exposto no artigo 95 apartado 1.2.e da Orde do 22 de febreiro de 2010 os beneficiarios de axudas para o establecemento de métodos de produción respectuosos co ambiente e coa conservación da paisaxe, deberán cumprir, ademais, as normas mínimas sobre a utilización de fertilizantes e fitosanitarios do anexo 25 desa orden en toda a explotación.
Estrutura da condicionalidadeA condicionalidade estrutúrase en tres partes ben diferenciadas:
- As Boas Condicións Agrarias e Medioambientais (BCAM)
- Os Requisitos Legais de Xestión (RLX)
- Os Requisitos Mínimos na Utilización de Abonos e Fitosanitarios (RMAF)
- As Boas Condicións Agrarias e Medioambientais constitúen un ámbito de por si que entrou en vigor no ano 2005
- Os Requisitos Legais de Xestión están constituídos
por tres ámbitos:
- Ámbito de Saúde Publica, Zoosanidade e Fitosanidade. No ano 2005 entrou en vigor o acto de identificación e rexistro dos animais, no ano 2006 entraron en vigor 7 actos máis.
- Ámbito de Medio Ambiente, entrou en vigor no ano 2005
- Ámbito de Benestar Animal, entra en vigor no ano 2007
Os ámbitos incluídos nos RLX estrutúranse en actos no que cada un deles representa unha serie de directivas ou regulamentos comunitarios. Dentro de cada acto téñense en conta determinados artigos denominados requisitos, a partir dos cales se definen os elementos de control de campo. Estas directivas e regulamentos veñen enumerados no Anexo III do Regulamento 73/2009 (pdf, 1,1 Mb).
Ligazóns de interese:

