
Título:
Resultados técnico-económicos das explotacións de vacún de leite en Galicia 2009
Resumo:
Esta publicación segue o esquema dos anos anteriores, pero ampliouse información sobre o prezo do leite e a comparación internacional dos custos. Ademais, por primeira vez, ofrécense datos da produción ecolóxica do leite.
ISBN: 978-84-453-5030-0 | DL: C 297-2012 | Nº páx: 112 | Prezo: 10 €

Título:
Benestar Animal. Manual de formadores
Resumo:
Este manual é unha obra de referencia, consulta e apoio aos docentes, técnicos, gandeiros, transportistas e coidadores e resto do persoal que traballan neste sector. Un traballo plural e multidisciplinar onde se recollen diversas achegas das distintas profesións e áreas de coñecemento implicadas.
ISBN: 978 84 453 5024 9 | DL: C 2502-2011 | Nº páx: 521 | Prezo: 35 €

Título:
Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal
e movemento pecuario
Resumo:
Manual práctico formativo en materia de benestar animal e
movemento pecuario. Trata os aspectos lexislativos e de manexo durante
o transporte dos animais incorporando información sobre os
documentos de traslado, seguridade viaria, etc.
DL: C 1700-2008 | Nº páx: 175 | Prezo: 0 € | Descargar (9,4 Mb)

Título:
Do nacemento ao parto. Recría de xovencas
Resumo:
Este libro analiza ao longo das súas páxinas, dun xeito claro e sinxelo, as distintas fases na recría do animal e inclúe unha serie de anexos que serven para profundar un pouco máis nos aspectos máis técnicos. Coa información que se proporciona preténdese facilitar ao gandeiro unha serie de boas prácticas de manexo da recría de xovencas.
Descargar (14 Mb)
ISBN: 978-84-453-4884-0 | Nº páx: 118 | Prezo: 6 €

Título:
Resultados do programa de xestión de vacún de leite en Galicia en 2008
Resumo:
Coa publicación de Resultados do Programa de Xestión de vacún de leite en Galicia 2008 a Consellería do Medio Rural pretende, un ano máis, subministrar unha información que sirva de referencia, tanto aos técnicos e analistas como aos produtores, para coñecer os índices técnico-económicos que reflictan e expliquen os resultados das explotacións leiteiras de Galicia.
Descargar (3,6 Mb)
ISBN: 978-84-453-4925-0 | DL: C 597-2010 | Nº páx: 97 | Prezo: 10 €

Título:
Resultados do programa de xestión de vacún de leite en Galicia no período 1998-2005
Resumo:
Esta publicación subministra a información sobre a importancia do control dos custos de produción e a produtividade como única forma de mellorar a competitividade das explotacións leiteiras. A partir de 2000 a comparación dos custos de produción esténdese ao marco europeo. Terá unha periodicidade anual.
Descargar (1,5 Mb)
DL: C 3656-2007 | Nº páx: 70 | Prezo: 0 €

Título:
Resultados do programa de xestión de vacún de leite en Galicia en 2006
Resumo:
Con esta memoria proséguese a serie de publicacións anuais dos resultados de xestión das explotacións de vacún de leite en Galicia.
Descargar (6,3 Mb)
DL: C 3542-2008 | Nº páx: 90 | Prezo: 0 €

Título:
Resultados do programa de xestión de vacún de leite en Galicia en 2007
Resumo:
Novamente, a presente publicación ofrécenos ao longo dos seus capítulos os datos achegados polas diferentes Agrupacións de Xestión de Explotacións (Axes) para mostrar a situación do sector leiteiro.
Descargar (1,5 Mb)
ISBN: 978-84-453-4826-0 | DL: C 1894-2009 | Nº páx: 88 | Prezo: 10 €

Título:
Cría e recría de xovencas frisonas para a produción de leite e de xovencas de razas autóctonas
Resumo:
Manual sobre proxectos de cría e recría de xovencas, frisoas e de razas autóctonas. Inclúe cumprida información sobre condicións óptimas de manexo, sanitarias e de bioseguridade coas que mellorar a competitividade e a viabilidade económica deste tipo de producións.
Descargar (6,97 Mb)

Título:
Curso de tomadores de mostras de leite
Resumo:
Breve manual destinado a profesionais tomadores de mostras de leite.
Trátanse aspectos sobre a composición e características
do leite, conceptos de calidade, tomas de mostras, bases de datos
letra Q e explícanse aspectos operativos e organizativos
do LIGAL.
DL: C 807-2008 | Nº páx: 47 | Prezo: 0 €

Título:
Axudas para a promoción, modernización e dimensionamento
do asociacionismo agrario en Galicia. 2008
Resumo:
Tríptico divulgativo que resume a Orde do 30 de maio de 2008. Nesta
orde establécense as bases que regulan as axudas para a promoción,
modernización e dimensionamento do asociacionismo agrario en Galicia.

Título:
Axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria
agrícola en Galicia. 2008
Resumo:
Tríptico divulgativo que resume a Orde do 30 de maio de 2008.
Nesta orde establécense as bases que regulan as axudas para o fomento
do asociacionismo na utilización de maquinaria agrícola en Galicia.

Título:
A composición do leite e a nutrición da vaca leiteira
Resumo:
Folla divulgadora na que se reflicte a importancia da alimentación
da vaca leiteira nos principais compoñentes do leite e como
a súa calidade pode repercutir no prezo final do produto.
DL: C-2092-2007 | Nº páx: 36 | Prezo: 0 €
