Medio Rural
Inicio >> Institucional >> Oficina virtual >> Oficina virtual
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Oficina agraria virtual (OAV)

A oficina agraria virtual é unha ventanilla de atención ao público en Internet. Neste punto atopanse servizos orientados aos cidadáns tanto para consulta de datos de carácter persoal,  como para a realización de trámites administrativos.

Para acceder aos servizos da OAV é preciso introducir o NIF/CIF xunto co contrasinal (PIN) facilitado pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

En caso de perda do contrasinal (PIN), pode solicitar a renovación e
reenvío do mesmo dende internet accedendo a Reenvio de contrasinal ou chamando ao teléfono 012. Pode elixir que se lle envíe por correo electrónico ou SMS. O contrasinal enviaraselle ao enderezo electrónico ou ao teléfono móbil que previamente lle comunicara á  consellería.

No caso de querer comunicar un novo enderezo electrónico ou número de teléfono móbil á Consellería do Medio Rural e do Mar, pode realizalo a través da Oficina Virtual accedendo á páxina Cambio de datos persoais, chamando ao teléfono 012, ou ben persoalmente nunha Oficina Agraria Comarcal.

No caso de solicitar o contrasinal (PIN) por primeira vez, debe dirixirse persoalmente a unha Oficina Agraria Comarcal (OAC). O persoal da OAC, despois de comprobar axeitadamente a súa identidade (mediante DNI ou documento similar), procederá ao rexistro dos seus datos.

Autorización a terceiros para a realización de trámites.

Vostede pode autorizar a outra persoa o entidade a realizar certos trámites no seu nome, por exemplo para realizar a solicitude das axudas da PAC, realizar certas consultas no FOGGA, etc. Para autorizar a outra persoa ou entidade debe entregarlle un Código de autorización que pode obter accedendo a
Solicitude de código de autorización. Pode elixir que se lle envíe o código de autorización ao enderezo electrónico ou teléfono móbil que previamente lle comunicara á consellería.

Para calquera dúbida  relacionada con este procedemento, pode chamar ao teléfono 012. Horario de atención ao público: de luns a venres, de 8 h a 20 h.


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS