
Recolle os datos de sacrificio de gando nos matadoiros da comunidade autónoma e o destino desta carne. A información estatística elabórase mensualmente para as principais especies gandeiras (bovino, porcino, ovino, cabrún, equino, aves e coellos), mediante enquisa a matadoiros para a carne que se considere apta para o consumo humano.
Dentro de cada especie investígase o seu número, peso total, consumo directo e consumo industrial.
Para a elaboración das enquisas de sacrificio de gando en matadoiros, considéranse becerros os animais de ambos dous sexos cun peso en canal inferior a 170 kg; son xovencas as femias de máis de 170 kg que nunca pariron; as vacas son as femias de máis de 170 kg que xa pariron e os touros, os machos de máis de 170 kg canal, incluíndo os bois.
| 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | |
|---|---|---|---|---|---|
| Avícola e cunícola | |||||
| Bovino | |||||
| Cabrún | |||||
| Equino | |||||
| Ovino | |||||
| Porcino | |||||
| Sacrificio por especies. Serie histórica | |||||
| Resumo do sacrificio anual por especies | |||||
| Carne. Destino da produción |
