Esta operación estatística recolle a evolución do prezo do leite percibido polas explotacións leiteiras situadas na Comunidade Autónoma de Galicia. A unidade da mostraxe é a explotación gandeira que posúa, polo menos, unha vaca de aptitude leiteira.
A estratificación da mostra determínase polo tamaño da explotación, medido pola cota láctea que posúe. Establécense os 4 estratos seguintes:
- E1: Explotacións de vacún cunha cota menor de 72.000 Kg de leite/ano
- E2: Explotacións de vacún cunha cota entre 72.001 e 240.000 Kg de leite/ano
- E3: Explotacións de vacún cunha cota entre 240.001 e 500.000 Kg de leite/ano
- E4: Explotacións de vacún cunha cota maior de 500.001 Kg de leite/ano
Dende o ano 2010 establécense os estratos seguintes:
- E1: Explotacións de vacún cunha cota menor de 100.000 kg de leite/ano
- E2: Explotacións de vacún cunha cota entre de 100.001 e 200.000 kg de leite/ano
- E3: Explotacións de vacún cunha cota entre de 200.001 e 300.000 kg de leite/ano
- E4: Explotacións de vacún cunha cota entre de 300.001 e 400.000 kg de leite/ano
- E5: Explotacións de vacún cunha cota entre de 400.001 e 700.000 kg de leite/ano
- E6: Explotacións de vacún cunha cota maior de 700.001 kg de leite/ano
Máis información no Instituto Galego de Estatística e no Observatorio do sector lácteo