A enquisa de prezos da terra mide a evolución do nivel dos prezos pagados pola venda e aluguer das terras de aproveitamento agrario ou rústicas en cada una das provincias galegas.
Os datos refírense aos aproveitamentos e definicións que se relacionan a continuación:
- Labradío regadío: superficie actualmente cuberta por cultivos herbáceos en regadío.
- Labradío secaño: superficie actualmente cuberta por cultivos herbáceos en secaño.
- Prado regadío: superficie actualmente cuberta por prados en regadío. Tamén, aquela cunha cobertura de matogueira pero cunha clara aptitude agraria.
- Prado secaño: superficie actualmente cuberta por prados en secaño. Tamén, aquela cunha cobertura de matogueira pero cunha clara aptitude agraria.
- Pasteiro secaño: superficie tradicionalmente de monte con cobertura de arbustos e/ou pasteiro sen cobertura arbórea densa que pode ter un aproveitamento agrario.
- Viñedo secaño: superficie actualmente cuberta por viñedo en secaño. Tamén, aquela cunha cobertura de matogueira pero cunha clara aptitude vitícola.
Máis información no Instituto Galego de Estatística