Logotipo da Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
martes, 22 de decembro de 1992

Editado pola Consellaría de Medio Rural


III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

 
Número do Dog:

248

 
Páxina do Dog:
9.653
 
Data da Disposición:

3 de decembro de 1992

 
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
 
Organismo:
CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES
 
Rango:
Orde
 
Título:

Orde do 3 de decembro de 1992 pola que se recoñece con carácter provisional a denominación de orixe Val de Monterrei para os viños producidos nesta comarca vitícola.

 

Polo Real decreto 4.189/1982, do 29 de decembro, efectuouse o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura, asumíronse competencias sobre denominacións de orixe de conformidade co artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía.

Por Orde comunicada do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 10 de xullo de 1972 aprobouse a solicitude da denominación de orixe Val de Monterrei para os vinos producidos na comarca e constituíuse o seu consello regulador, ó que dan un prazo de seis meses para elabora-lo proxecto de regulamento.

Considerando que a devandita aprobación caducou, ó non cumprirse ata a data, as condicións que figuran na orde de aprobación mencionada e tendo en conta a importancia socio-económica e a evolución do sector vitícola da comarca.

Tendo en conta as melloras iniciadas no sector vitícola en canto a elaboración e comercialización, que conducirán a unha efectiva presencia no mercado dos viños producidos na comarca.

En consecuencia, por solicitude dos interesados, e en virtude das facultades que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, do Decreto 205/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e dentáis normativa aplicable,

DISPOÑO:

Artigo 1º
Reconócese con carácter provisional a denominación de orixe Val de Monterrei para os vinos producidos na dita comarca vitivinícola.

Artigo 2a
Noméase un consello regulador, con carácter provisional que, por proposta do sector interesado, queda formado da seguinte maneira:

Presidente:
—Emilio Rodríguez Fernández.
Vocais:
—Ignacio González Delgado.
—Bernabé Jiménez Gómez.
—José Luis Vaz Vuela.
—Carlos Francisco González Alvarez.
—José Cerdeiriña Paradela.
—Ramón Blanco Nieves.
—Delfín Boo Payo.
—Bernardo Alvarez García.

Artigo 3º
O consello regulador provisional redactará o proxecto de regulamento específico da denominación, que elevará á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa aprobación se procede.

Artigo 4º
O consello regulador provisional elaborará os censos de viñas e adegas para a inscrición dos titulares que estean interesados en adscribirse á denominación de orixe.

Artigo 5º
A indicación denominación de orixe non poderá ser mencionada ñas etiquetas, documentación e publicidade destes vinos, ata que o seu regulamento sexa aprobado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Primeira.—
Durante a fase provisional de funcionamento da denominación de orixe, poderase seguir utilizando o nome xeográfico Val de Monterrei xunto coa mención Vinoda Térra, segundo o establecido na Orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 11 de decembro de 1986, pola que se establecen as regras de utilización de nomes xeográficos e da mención Vino da Térra na designación dos vinos de mesa.

Segunda.—
Durante o dito período transitorio, o consello regulador provisional poderá utilizar un distintivo propio, que identifique os vinos producidos polos inscritos nos censos citados no artigo cuarto, segundo as normas que aquel estableza.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1992.
Tomás Pérez Vidal
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes