Editado pola Consellaría de Medio Rural
| Número do Dog: | 116 |
| Páxina do Dog: | 4.458 |
| Data da Disposición: | 2 de xuño de 1993 |
| Sección: | III. OUTRAS DISPOSICIÓNS |
| Organismo: | CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES |
| Rango: | Orde |
| Título: | Orde do 2 de xuño de 1993 pola que se modifica a do 3 de decembro de 1992 pola que se recoñece con carácter provisional a denominación de orixe Val de Monterrei para os viños producidos nesta comarca vitícola. |
No regulamento particular da denominación de orixe provisional Val de Monterrei, pendente de aprobación, a área de producción considérase constituida por dúas subzonas: o val e a ladeira.
Os productores incluidos na subzona de ladeira consideran que a actual denominación, Val de Monterrei, non os inclúe, polo que o Consello Regulador solicita o cambio do nome actual da denominación de orixe polo de «Monterrei».
Estudiada a dita petición, de acordó co disposto no artigo 308 1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confiere a Lei 1/1983, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo lº
Modifícase o título da Orde do 3 de decembro de
1992 (DOG n2 248, do 22 de decembro de 1992),
que será o seguinte:
«Orde pola que se recoñece con carácter provisional a denominación de orixe Monterrei para os vinos producidos nesta comarca vitícola».
Artigo 2º
0 artigo l8 queda redactado da forma seguirte:
«Reconócese con carácter provisional a denominación de orixe Monterrei para os vinos producidos na dita comarca vitivinícola».
Disposicións derradeiras
Primeira.—Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalirrientarias para dicta- -las normas precisas para o mellor desenvolvemento do establecido na presente orde.
Segunda.—A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1993.
Tomás Pérez Vidal
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes