Logotipo da Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
mércores, 14 de xullo de 1993

Editado pola Consellaría de Medio Rural


III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

 
Número do Dog:

133

 
Páxina do Dog:
5.051
 
Data da Disposición:

8 de xuño de 1993

 
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
 
Organismo:
CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES
 
Rango:
Orde
 
Título:

Orde do 18 de xuño de 1993 pola que se apro-ba o regulamento da denominación de orixe Queixo Tetilla e do seu consello regulador.

 

Por Orde do 18 de marzo de 1992, modificada pola Orde do 16 de marzo de 1993, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes recoñeceu a denominación de orixe Queixo Tetilla e nomeouse o seu consello regulador provisional. Entre as funcións asignadas ó dito consello figuraba a redacción do proxecto de regulamento particular da denominación, que elevaría para a súa aprobación, á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

En consecuencia, unha vez cumprida a dita obriga, de acordó co disposto no artigo 30.12 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º
Reconócese con carácter definitivo a denominación de orixe Queixo Tetilla e aprobase o seu regulamento co texto articulado que figura como anexo da presente orde.

Artigo 2º
Disponse a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, figurando como anexo desta o regulamento da denominación de orixe Queixo Tetilla e do seu consello regulador, así como a súa remisión ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para os efectos da súa ratificación e defensa nos ámbitos nacional e internacional.

Disposición transitoria

O consello regulador provisional da denominación de orixe Queixo Tetilla asumirá a totalidade das funcións que He corresponden segundo o capítulo VII deste regulamento, continuando os seus componentes nos seus cargos respectivos ata que o dito consello regulador quede constituido de acordó co establecido no artigo 31.

Disposicións derradeiras

Primeira.—facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industriáis Agroalimentarias para dieta- Jas normas precisas para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.—A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1993.
Tomás Pérez Vidal
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

Regulamento da denominación de orixe Queixo Tetilla e do seu consello regulador

Capítulo I

Xeneralidades

Artigo lº
De acordó co disposto na Lei 25/1970, do 2 de decembro, e no seu regulamento, aprobado por Decreto 835/1972, do 23 de marzo, no Decreto 3.711/1974, do 20 de decembro e no Real decreto 728/1988, do 8 de xullo, quedan protexidas coa denominación de orixe Queixo Tetilla, os queixos que, reunindo as características especificadas neste regulamento, cumprisen na súa producción, elaboración e maduración tódolos requisitos esixidos neste e na lexislación vixente.

Artigo 2º
O Queixo Tetilla é o obtido a partir de leite de vaca, producida na área xeográfica sinalada no artigo 5 deste regulamento e obtido ñas condicións xerais que establece a lexislación vixente e as particulares sinaladas neste regulamento.

Artigo 3º
1.—A protección outorgada esténdese ó nome da denominación de orixe Queixo Tetilla e a súa traducción para lingua galega.
2.—Queda prohibida noutros queixos ou productos lácteos a utilización de nomes, marcas, termos, expresións e signos que, pola súa similitude fonética ou gráfica, poidan inducir a confusión eos que son obxecto deste regulamento, aínda nos casos de que vaian precedidas polas expresións «tipo», «estilo», «gusto», «sabor », «elaborado», ou outras análogas.

Artigo 4º
A defensa da denominación de orixe Queixo Tetilla, a aplicación do seu regulamento, a vixilancia do seu cumprimento, así como o fomento e control da calidade dos queixos amparados, quedan encomendados ó consello regulador da denominación de orixe, á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia e á Dirección Xeral de Política Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no ámbito das súas respectivas competencias.

Capítulo II

Da producción da leite

Artigo 5º
A zona de producción de leite apto para a elaboración de Queixo Tetilla comprende todo o territorio da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 6º
1.—0 leite que se utilice para a elaboración do Queixo Tetilla será leite de vaca procedente das razas frisona, pardo alpina e rubia galega.
2.—A alimentación do gando responderá ás prácticas tradicionais, sendo obxectivo do consello regulador favorecer e impulsa-lo aproveitamento directo dos pastos, podendo dictar normas complementarias co fin de que o leite destinado á elaboración de Queixo Tetilla, responda ás súas características peculiares.
3.—O consello regulador fomentará a adopción de técnicas encaminadas a mellora-la productividade dos animáis e a calidade do leite.
4.—As instalacións para a explotación de gando vacian dedicado á producción de leite con destino á elaboración de Queixo Tetilla, cumprirán as condicións establecidas pola lexislación vixente e as establecidas neste regulamento.

Artigo 7º
1.—O leite que se destine á elaboración de Queixo Tetilla será o producto natural íntegro, procedente da muxidura de vacas sas e que reúna as condicións que seguen:
a) Non contera formigos nin conservadores ou productos medicamentosos que poidan incidir negativamente na elaboración, maduración e conservación do queixo.
b) Terá unha composición de acordó coas características da raza á que pertenzan os animáis de que proceda e coa estación do ano, eos mínimos seguintes:
Proteína: 3,1%.
Graxa: 3,5%.
Extracto seco: 8,4%.
c) Cumprirá as condicións hixiénico-sanitarias que establece a lexislación vixente.
d) O leite que se empregue na elaboración dos queixos que se van protexer non debe superar, ó comeza- -lo proceso de elaboración, os 18 graos Dornic, podendo engadírselle únicamente cloruro calcico.
2.—A muxidura realizarase en condicións que garantan a obtención hixiénica do leite.
3.—Unha vez muxido, o leite conservarase na maneira máis conveniente para evita-lo desenvolvemento de microorganismos e a contaminación medioambiental. 4.—A recollida e transporte do leite organizarase de maneira que non se mesture e almacene máis leite có procedente de dúas muxiduras. 0 transporte deberá facerse ñas mellores condicións hixiénicas, ben en cisternas isotérmicas ou frigoríficas ou ben por calquera outro sistema que garanta que a calidade do leite non se deteriore.
5.—0 consello regulador viaxará e controlará as operacións de recollida e transporte do leite, podendo dictar normas para que estas operacións se efectúen sen merma da calidade e ñas mellores condicións hixiénico- -sanitarias.

Capítulo III

Elaboración e maduración

Artigo 8º
A elaboración e maduración do queixo amparado pola denominación deberá efectuarse en instalacións adecuadas situadas dentro da zona de producción de leite delimitada no artigo 5 deste regulamento.

Artigo 9º
As técnicas empregadas na manipulación do leite e dos queixos, así como o control de procesos de elaboración, maduración e conservación, axustaranse á lexislación vixente e ás prácticas tradicionais, sinaladas nos artigos seguintes, co obxecto de obter productos da máxima calidade, conservando as características tradicionais dos queixos amparados pola denominación de orixe Queixo Tetilla.

Artigo 10º
1.—Coagulación.
A coagulación do leite provocarase con extracto de callo animal exclusivamente e poderanse usa-los fermentos lácticos seguintes: Streptococos lactis, Streptococos cremoris e calquera outro que, non modificando as características dos queixos que se van amparar, poida ser aprobado polo consello regulador.

A temperatura de coagulación oscilará entre os 28 e 32 graos centígrados, utilizándose as doses de callo necesarias para que o tempo de callado non sexa inferior a 20 minutos nin supere os 40.

2.—Corte, lavado e recocido do leite callado.
Para que o queixo adquira as características señaladas no artigo 12 deste regulamento o leite callado será sometido ós seguintes tratamentos:
a) Corte. Para acadar unha granulometría do leite callado aproximada ó tamaño dun garavanzo.
b) Lavado. Con auga natural, para baixa-la acidez do leite callado ata 4 e 6 graos Dornic.
c) Recocido. Lavado do leite callado con auga a temperatura superior en dous graos á temperatura de callado.

3.—Moldeado. Farase en moldes de dimensións e forma adecuadas para consegui-la forma característica e os tamaños que se describen no artigo 12.

4.—Prensado. O prensado farase en prensas adecuadas permanecendo nelas o leite callado durante un tempo mínimo de tres horas a unha presión variable, segundo o tempo de prensado.

5.—Salgadura.—Farase en salmoira, cunha concentración entre 17 e 18 graos Baumé, sendo o tempo máximo de inmersión de 24 horas.

6.—Maduración. Para que os queixos poidan ser amparados por esta denominación, terán un período mínimo de maduración de sete días, contados a partir do remate da salgadura.

Durante este tempo, os queixos serán sometidos ás prácticas de volteo e limpezas necesarias, para que adquiran as súas peculiares características.

Artigo 11º
Queda prohibido para a elaboración de queixos protexidos:
1.—Utilizar calquera tipo de caseinato, leite en pó, calquera clase de materia graxa, incluida a manteiga, e de aditivos non recoñecidos na lexislación vixente e, entre os autorizados, os que non estean expresamente permitidos polo consello regulador.
2.—Calquera manipulación que tenda a modifica-las características da toma.

Capítulo IV

Características dos queixos

Artigo 12º
1.—Ó final da súa maduración o Queixo Tetilla presentará as seguintes características básicas:
—Forma: cónica, convexo-cónica.
—Peso: de 0,5 a 1,5 qg.
—Dimensións: a altura será superior ó radio da base e inferior ó diámetro.
Altura:
Máximo: 150 milímetros.
Mínimo: 90 milímetros.
Diámetro base:
Máximo: 150 milímetros.
Mínimo: 90 milímetros.
—Toma: apreciable, lina e elástica, de menos de tres milímetros de espesor; cor amarela pallosa natural e sen balor.
—Pasta: branda, cremosa e uniforme, con poucos olios e regularmente repartidas; cor branca-marfil, amarelada.
—Recendo: suave, lixeiramente acedo e que en conxunto lembre o leite de que procede.
—Sabor: lácteo, manteigoso, lixeiramente acedo e salgado suave.
—Maduración: mínima de sete días (en condicións normáis).
—Porcentaxe de materia graxa: 45% mínimo sobre extracto seco.
—Porcentaxe de proteína: 40% mínimo sobre extracto seco.
—Porcentaxe de extracto seco do 45 ó 50 %.
—Ph do producto rematado: (no momento de expedición) do 5,0 - 5,5.
2.—Os queixos deberán presenta-las características relacionadas no punto 1 deste artigo e as cualidades organolépticas típicas destes, especialmente en canto a cor, aroma e sabor. Os queixos que a xuízo do consello regulador non adquirisen estas características non poderán ser amparados pola denominación de orixe Queixo Tetilla e serán descalificados na maneira que se preceptúa no artigo 36.

Capítulo V

Rexistros

Artigo 13º
1.—O consello regulador levará os seguintes rexistros:
a) Rexistro de ganderías.
b) rexistro de industrias de elaboración ou queixerías.
2.—As peticións de inscrición dirixiranse ó consello regulador, xuntando os datos, documentos e comprobantes que en cada caso sexan requiridos polas disposicións e normas vixentes, nos impresos ou do xeito que estableza o consello.
3.—O consello regulador denegará de forma motivada as inscricións que non se axusten ós preceptos deste regulamento ou ós acordos adoptados polo consello sobre condicións complementarias de carácter técnico que deban reuní-las ganderías, queixerías e instalacións de maduración ou curado.
4.—A inscrición nestes rexistros non exime ós interesados da obriga de inscribirse naqueloutros que, con carácter xeral, estean establecidos legalmente, debendo acredítalo no momento de solicita-la súa inscrición no rexistro da denominación de orixe.
5.—As empresas que realicen máis de unha fase do proceso deberán ter inscritas as súas ganderías e instalacións nos rexistros correspondentes.

Artigo 14º
1.—No rexistro de ganderías inscribiranse as que, estando encravadas na zona de producción e reunindo as condicións establecidas neste regulamento, queiran destinar toda ou parte da súa producción de leite á elaboración de Queixo Tetilla.
2.—Na inscrición figurarán: nome do propietario, arrendatario, termo municipal, número de cartilla gandeira e número de femias reproductoras, e todos aqueles datos que se consideren necesarios para a clasificación, localización e adecuada identificación da gandería inscrita.
3.—A inscrición neste rexistro será voluntaria, o mesmo que a correspondente baixa neste. Unha vez producida esta, deberá transcorrer un período de dous anos antes de proceder a unha nova inscrición, salvo cambio de titularidade, segundo se establece no artigo 11.2* do Real decreto 728/1988.

Artigo 15º
1.—No rexistro de industrias de elaboración ou queixerías inscribiranse as instalacións que, estando situadas na zona de elaboración, o soliciten e que o consello regulador considere aptas para elaborar queixos que poidan optar a ser protexidos pola denominación de orixe.
2.—Na inscrición figurará: o nome do propietario e/ou arrendatario, se é o caso, razón social, localidade e zona de emprazamento, características, capacidade de elaboración, maquinaria, sistema de elaboración e cantos datos sexan precisos para a perfecta identificación e catalogación da queixería.
Para tal fin xuntarase un plano ou bosquexo a escala conveniente, onde queden reflexados tódolos detalles de construcción e instalacións.
3.—As industrias de elaboración que posúan outras liñas de producción distintas do Queixo Tetilla farano constar expresamente no momento da súa inscrición.
4.—Non poderán elaborarse ñas instalacións inscritas queixos que, pola súa forma e características, poidan dar lugar a confusión eos queixos amparados.
5.—As pezas de queixo elaboradas para seren protexidas que non sexan cualificadas poderán ser comercializadas, ben para obter outros productos, ben para o consumo directo, pero con diferentes distintivos, sempre baixo o control do consello regulador e sen o amparo da denominación.

Artigo 16º
1.—Para a vixencia das inscricións nos correspondentes rexistros, será indispensable cumprir en todo momento eos requisitos que impon o presente regulamento, comunicando ó consello regulador calquera variación que afecte ós datos subministrados na inscrición, cando a dita variación se produza. En consecuencia, o consello regulador poderá suspender ou anula-las inscricións cando os seus titulares non se ativesen a tales prescricións.
2.—O consello regulador efectuará inspeccións periódicas para comproba-la efectividade de canto se dispon no parágrafo anterior.
3.—Tódalas inscricións nos diferentes rexistros serán renovadas no prazo e forma que determine o consello regulador. No caso particular do rexistro de ganderías, os seus datos deberán ser actualizados tódolos anos na data que se determine.

Capítulo VI

Dereitos e obrigas

Artigo 17º
1.—Só as persoas naturais ou Jurídicas con ganderías inscritas no correspondente rexistro poderán producir leite con destino á elaboración de queixo que teña que ser protexido pola denominación de orixe.
2.—Só as persoas naturais ou xurídicas que teñan os seus locáis de elaboración inscritos no correspondente rexistro da denominación de orixe poderán elaborar, para a súa posterior maduración e comercialización, queixos con dereito a seren amparados pola denominación de orixe.
3.—Só poderá aplicarse a denominación de orixe Queixo Tetilla ós queixos procedentes das instalacións inscritas no rexistro de queixerías que fosen producidos ou elaborados conforme as normas esixidas por este regulamento, e que reúnan as condicións organolépticas de deben caracterízalos.
4.—O dereito ó uso da denominación de orixe en propaganda, publicidade, documentación ou etiquetas é exclusivo das firmas inscritas nos rexistros do consello regulador.
5.—Polo mero feito da inscrición nos rexistros correspondentes, as persoas físicas ou xurídicas inscritas quedan obrigadas ó cumprimento das disposicións deste regulamento e dos acordos que, dentro das súas competencias, dicten a Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Política Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o consello regulador, así como a satisface-las exaccións que He corrrresponden.
6.—Para o exercicio de calquera dereito outorgado por este regulamento ou para poder beneficiarse dos servicios que preste o consello regulador, as persoas naturais ou xurídicas que teñan inscritas as súas ganderías e instalacións deberán estar ó día no pagamento ñas súas obrigas.

Artículo 18º
1.—O consello regulador poderá autorizar ás queixerías inscritas que dispoñan de cámaras de maduración, a coexistencia nestas cámaras de queixos que vaian ser amparados pola denominación de orixe con outros tipos distintos, sempre e cando estes últimos fosen elaborados na propia queixería e a súa forma e características non deán lugar a confusións co queixo protexido.
O consello regulador establecerá a normativa que se terá que cumprir, co obxecto de ter un perfecto control destes productos e garantir en todo momento a natureza e pureza dos queixos protexidos.
2.—As empresas que teñan inscritas queixerías e instalacións só poderán ter almacenados os seus xéneros nos locáis declarados na inscrición.

Artigo 19º
As marcas, símbolos, emblemas, lendas publicitarias ou calquera outro tipo de propaganda que se utilice aplicado ós queixos protexidos pola denominación que prevé este regulamento non poderán ser empregados baixo ningún concepto, nin sequera polos propios titulares, na comercialización doutros queixos non amparados pola denominación de orixe Queixo Tetilla.

Artigo 20º
1.—Os queixos da denominación de orixe destinados ó consumo irán provistos dunha etiqueta ou contraetiqueta numerada, expedida polo consello regulador, que deberá ser colocada nos propios locáis ou cámaras de maduración ó final deste proceso e, en todo caso, antes da súa expedición, de acordó coa normativa que estableza para estes efectos o consello regulador e de maneira que non permita unha segunda utilización de tales distintivos.
2.—Ñas etiquetas propias de cada elaborador que se utilicen nos queixos amparados figurará obrigatoriamente de maneira destacada o nome da denominación de orixe, ademáis dos datos que con carácter xeral determina a lexislación vixente, fixando a data de consumo preferente en 60 días contados desde a data de acondicionamento para a súa expedición.
3.—Antes da posta en circulación de etiquetas das firmas elaboradoras inscritas, xa sexan correspondentes a queixos protexidos ou a queixos sen dereito á denominación de orixe, estas deberán ser autorizadas polo consello regulador para os efectos que se relacionan neste regulamento. Será denegada a aprobación daquelas etiquetas que, por calquéra causa, poidan dar lugar a confusión no consumidor. Así mesmo poderá ser anulada a autorización dunha xa aprobada anteriormente cando variasen as circunstancias da súa firma propietaria, logo de audiencia da firma interesada.
4.—O conselío regulador adoptará e rexistrará un emblema como símbolo da denominación de orixe, logo de aprobación pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Do mesmo xeito, o consello regulador poderá facer obrigatorio que no exterior dos locáis de elaboración e maduración inscritos, e en lugar salientado, figure unha placa que aluda a esta condición.

Artigo 21º
A expedición dos queixos que teña lugar entre firmas inscritas deberá levar un volante de circulación entre queixerías, expedido previamente polo consello regulador na maneira que este determine.

Artigo 22º
1.—O etiquetado dos queixos amparados pola denominación de orixe Queixo Tetilla deberá ser realizado exclusivamente ñas queixerías inscritas, autorizadas polo consello regulador, perdendo o queixo noutro caso o dereito ó uso da denominación.
2.—Os queixos amparados pola denominación de orixe únicamente poderán circular e seren expedidos polas queixería»e instalacións inscritas, en envases autorizados polo consello regulador que non prexudiquen a súa calidade e prestixio.

Artigo 23º
1.—O queixo coa denominación de orixe só poderá comercializarse se a súa tona conserva as características externas e naturais de maduración. Poderá ser recuberto con emulsión, plástica, transparente e autorizada, pero en todo caso a tona conservará o seu aspecto e cor naturais.

Artigo 24º
O consello regulador vixiará en cada campaña as cantidades de queixo amparado pola denominación expedidas por cada firma inscrita nos rexistros de queixerías, para verifica-la súa relación coas cantidades de leite adquirido e segundo as existencias e aqdquisicións de queixos a outras firmas inscritas.

Artigo 25º
Toda expedición de queixo amparado pola denominación de orixe con destino ó estranxeiro, ademáis de cumpri-las normas establecidas para o comercio exterior de queixo, irá acompañada polo correspondente certificado de denominación de orixe, expedido polo consello regulador, que se axustará ó modelo establecido pola Dirección Xeral de Política Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, sen poder despacharse pola alfóndega as partidas de Queixo Tetilla que carezan do dito certificado.

Artigo 26º
1.—Co obxecto de poder controla-los procesos de pro- ' ducción, elaboración e expedición, así como os volumes de existencias e canto sexa necesario para poder acredita-la orixe e calidade dos queixos amparados pola denominación de orixe, as persoas físicas ou xurídicas titulares das ganderías, queixerías e locáis de maduración viran obrigadas a cumprir coas seguintes formalidades:
a) Tódolos propietarios de ganderías inscritas presentarán ó consello regulador, na primeira quincena de cada mes, declaración da producción leiteira obtida no mes anterior en cada un dos rábanos inscritos, indicando o destino do leite e, en caso de venda, o nome do comprador.
b) Tódalas queixerías inscritas levarán un libro segundo o modelo adoptado polo consello regulador, no que figurarán diariamente os datos de cantidade e procedencia do leite recibido, número de unidades e peso total dos queixos fabricados e locáis de maduración ou cámaras de maduración onde se destinen estes queixos con dereito a denominación de orixe. Así mes- - mo, presentarán ó consello regulador nos 15 primeiros días de cada mes, unha declaración que resuma os datos do mes anterior que figuran no libro, segundo o modelo que adopte o consello.
c) Tódalas firmas inscritas no rexistro que maduren queixo, levarán un libro segundo o modelo que adopte o consello regulador, no que diariamente anotarán os datos referentes ó número e procedencia das unidades de queixo que inicien o proceso de maduración, o número das que finalizan este proceso e o de queixos que se expenden ó mercado. Igualmente, presentarán ó conselío regulador, dentro dos 15 primeiros días de cada mes, unha declaración na que quedarán reílectidos tódolos datos do mes anterior que figuren no libro.
2.—De conformidade co previsto nos artigos 46 e 73 da Lei 25/1970, as declaracións a que se refire o apartado 1 deste artigo teñen efectos meramente estatísticos, polo que non poderán facilitarse nin publicarse máis que en forma numérica, sen referencia algunha de carácter individual. Calquéra infracción desta norma por parte do persoal afecto ó consello regulador será considerada como falta laboral moi grave, sen prexuízo da súa sanción conforme a vixente lexislación estatística.

Artigo 27º
1.—O leite e os queixos que por calquera causa presenten defectos, alteracións sensibles ou que na súa producción incumprisen os preceptos deste regulamento ou a lexislación vixente, serán descalificados polo consello regulador, o que supoñerá a perda da denominación de orixe para o lote correspondente, ou a dereito a ela no caso de productos non definitivamente elaborados.
2.—A descalificación dos queixos poderá ser realizada polo consello regulador en calquera fase da súa producción ou comercialización e a partir da iniciación do expediente de descalificación permanecerán debidamente illados e rotulados, baixo control do consello regulador, ata a súa expedición ó mercado. Os queixos descalificados en ningún caso poderán ser vendidos amparados pola denominación de orixe.

Capítulo VII

Do consello regulador

Artigo 28º
1.—O consello regulador é un organismo integrado na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia como órgano desconcentrado desta, con funcións decisorias en cantas atribucións se lie encomendan neste regulamento de acordó co que se determina ñas disposicións vixentes.
2.—O seu ámbito de competencia, sen prexuízo do establecido no artigo 29 estará determinado:
a) No territorial, pola respectiva zona de producción, elaboración e maduración.
b) En razón dos queixos, polos protexidos pola denominación de orixe en calquera das súas fases de producción, elaboración, maduración, circulación e comercialización.
c) En razón das persoas, polas inscritas nos diferentes rexistros.

Artigo 29º
E misión principal do consello regulador a de aplica- Jos preceptos deste regulamento e velar polo seu cumprimento, para o cal exercerá as funcións que se lie encomendan no artigo 87 da Lei 25/1970, e disposicións complementarias, así como as que expresamente se indican no articulado deste regulamento.

Artigo 30º
1.—0 consello regulador estará constituido por:
a) Un presidente.
b) Un vicepresidente.
c) Catro vocais en representación do sector gandeiro, elixidos por e entre os gandeiros inscritos que subministran leite para a elaboración de Queixo Tetilla.
d) Catro vocais en representación dos elaboradores de queixo, elixidos por e entre os elaboradores de queixo inscritos nos correspondentes rexistros do consello regulador.
e) Dous delegados da Administración, un deles designado polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes e o outro polo conselleiro de Industria e Comercio. Estes dous delegados asistirán ás reunións do consello, con voz pero sen voto.
2.—O presidente e vicepresidente serán designados polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes por proposta dos vocais elixidos para constituí-lo consello regulador, sendo o presidente elixido entre as persoas pertencentes a un dos sectores e o vicepresidente entre as persoas pertencentes ó outro sector.
3.—Por cada un dos vocais do consello regulador designarase un suplente, elixido .na mesma maneira que o titular.
4.—Os vocais serán renovados cada catro anos, podendo ser reelixidos.
5.—No caso de cesamento dun vocal por calquera causa legal, a súa vacante será cuberta polo substituto, se ben o mandato do novo vocal só durará ata que se celebre a primeira renovación do consello.
6.—O prazo para a toma de posesión dos vocais será como máximo de un mes contado desde a data da súa designación.
7.—Causará baixa o vocal que durante o período de vixencia do seu cargo sexa sancionado por infracción grave ñas materias que regula este regulamento, ben persoalmente ou ben a firma a que pertenza. Igualmente causará baixa por ausencia inxustificada a dúas sesións consecutivas ou a tres alternas no período de un ano, ou por causar baixa nos rexistros da denominación de orixe.

Artigo 31º
1.—Os vocais ós que se refiren os apartados c) e d) do número 1 do artigo anterior estarán vinculados ós sectores que representan, ben directamente ou por seren directivos de sociedades que se dediquen ás actividades aquí reguladas. Non obstante, unha mesma persoa natural ou xurídica non poderá ter no consello dobre representación, nin directamente nin a través de firmas filiáis ou socios déla.
2.—Os vocais elixidos por pertenceren en calidade de directivos dunha firma inscrita, cesarán no seu cargo ó cesaren como directivos da dita firma, aínda que seguirán vinculados ó sector por rpasaren a outra empresa, procedéndose a designa-Ip seu substituto na maneira establecida.

Artigo 32º
Ó píesidente corresponde:
a) Representar ó consello regulador. Esta representación poderá delégala en calquera membro do consello, de maneira expresa, nos casos en que sexa necesario.b) Facer cumpri-las disposicións legáis e regulamentarias.
c) Administra-los ingresos e fondos do consello regulador e ordena-los pagamentos, en cumplimento dos acordos tomados ó respecto polo dito consello.
d) Convocar e presidi-las sesións do consello, sinalando a orde do día, sometendo á decisión deste os asuntos da súa competencia e executa-los acordos adoptados.
e) Contratar, suspender ou renova-lo persoal do consello regulador, logo de acordó deste.
f) Organizar e dirixi-los servicios.
g) Informar ós organismos superiores das incidencias que acaezan na producción e mercado.
h) Remitir á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia aqueles acordos que, para cumprimento xeral, adopte o consello en virtude das atribucións que lie confire este regulamento e aqueloutros que pola súa importancia, coide que deban ser coñecidos por ela.
i) Aqueloutras funcións que o consello acorde ou De encomendé a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
2.—A duración do mandato do presidente será de catre anos e poderá ser reelixido.
3.—0 presidente cesará:
a) Ó espira-lo termo do seu mandato.
b) A petición propia unha vez aceptada a súa demisión.
c) Por decisión da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, logo de incoación de expediente.
d) Polas demais causas recoñecidas no ordenamento xurídico.
4.—No caso de cesamento ou falecemento, o consello regulador, no prazo de un mes, propoñerá un candidato para a designación dun novo presidente.
5.—As sesións de constitución do consello regulador e as que teñan por obxecto a elección dun presidente serán presididas por unha mesa de idade, composta polo vocal de maior idade e os dous máis novos.
6.—0 consello regulador quedará validamente constituido, cando estean presentes a totalidade dos seus membros e así o acorden por unanimidade.

Artigo 33º
1.—0 consello reunirase cando o convoque o seu presidente, ben por propia iniciativa, ben por petición da metade dos vocais, sendo obrigatorio celebrar sesión, polo menos, unha vez por trimestre.
2.—As sesións do consello regulador convocaranse con oito días de antelación, polo menos, debendo xuntarse á citación a orde do día para a reunión, na que non se poderán tratar máis asuntos que os previamente sinalados. No caso de necesidade, cando así o requira a urxencia do asunto, a xuízo do presidente, citarase os vocais por medios telegráficos, con vintecatro horas de anticipación como mínimo.
Para a inclusión na orde do día dun asunto determinado, non incorporado polo presidente, será necesario que o soliciten, polo menos, tres dos vocais con dereito a voto, con catro días de antelación como mínimo.
3.—Cando un titular non poida asistir a una sesión, notificarallo ó consello regulador.
4.—Os acordos do consello regulador adoptaranse por maioría dos membros presentes, e para que estes sexan válidos será necesario que concorran máis da metade dos seus membros con dereito a voto. O presidente terá voto de calidade.
5.—Para resolver cuestións de trámite, ou naqueles casos en que se considera necesario, poderá constituirse unha comisión permanente, que estará formada polo presidente do consello e dous vocais, un do sector elaborador e outro do sector gandeiro, designados polo pleno do consello regulador.
Na sesión en que se acorde a constitución da dita comisión permanente aprobaranse tamén as misións específicas que lie competen e as funcións que exercerá. Tódalas resolucións que tome a comisión permanente serán comunicadas ó pleno do consello regulador na primeira reunión que este celebre.

Artigo 34º
1.—Para o cumprimento dos seus fins, o consello regulador contará co persoal necesario, conforme ós cadros de persoal aprobados polo consello regulador e que figuren dotados no seu presuposto.
2.—0 consello regulador terá un secretario designado polo propio consello, por proposta do presidente, do que dependerá directamente, e que terá como cometidos específicos os seguintes:
a) Prepara-los traballos do consello e tramita-la execución dos seus acordos.
b) Asistir ás sesións con voz, pero sen voto, cursabas convocatorias, levanta-las actas e custodia-Ios libros e documentos do consello.
c) Os asuntos relativos ó réxime interior do organismo, tanto de persoal como administrativos.
d) Actuar como instructor nos expedientes sancionadores, que resolverá o consello regulador.
e) As demais funcións que He sexan encomendadas polo presidente relacionadas coa preparación e instrumentación dos asuntos da competencia do consello.
3.—Para as funcións técnicas que teñen encomendadas, o consello contará eos servicios necesarios.4.—Para os servicios de control e vixilancia contará con inspectores propios. Estos inspectores serán designados polo consello regulador e habilitados pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, coas seguintes atribucións inspectoras:
a) Sobre as ganderías situadas na zona de producción.
b) Sobre as queixerías e instalacións situadas ñas zonas de producción, elaboración e maduración.
c) Sobre o leite e queixos na zona de producción, elaboración e maduración.
5.—O consello regulador poderá contratar, para efectuar traballos urxentes, o persoal necesario, sempre que teña aprobada no presuposto a dotación para este concepto.
6.—A todo o persoal do consello, tanto de carácter fíxo como eventual, He será de aplicación a lexislación laboral.

Artigo 35º
1.—0 consello regulador establecerá un comité de cualificación dos queixos, formado por tres expertos e un delegado do presidente do consello, que terá como cometido informar sobre a calidade dos queixos que opten a ser protexidos pola denominación e sexan destinadas ó mercado, podendo contar este comité eos asesoramentos técnicos que coide necesarios.
2.—0 presidente do consello, á vista dos informes do comité, resolverá o que proceda e, se é o caso, a descalificación provisional por dez días do queixo.
• Se neste prazo o interesado solicita a revisión da resolución, esta deberá pasar ó pleno do consello regulador para resolve-lo que proceda. Se no dito prazo non se solicita a dita revisión a resolución do presidente considerarase firme.
Contra as resolucíóns do consello regulador poderáse recorrer perante a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.
3.—0 consello regulador dictará as normas precisas para a constitución e funcionamento do comité de cualificación.

Artigo 36º
1.—0 financiamento das obrigas do consello efectuarase eos seguintes recursos:
1.1. Co producto das exaccións parafiscais que se fixan no artigo 90 da Lei 25/1970, ás que se aplicarán os tipos seguintes:
a) 0 1% do valor do leite entregado ás queixerías insertas, e destinado á elaboración de Queixo Tetilla.
b) 0 1% de exacción sobre o valor do producto amparado comercializado.
c) 100 pesetas por expedición de certificados e visados de facturas.
d) O dobre do prezo de custo das contraetiquetas ou precintos.
Os suxeitos pasivos de cada unha das exaccións son:
Da a) os titulares das ganderías inscritas.
Da b) os titulares das queixerías ou locáis de maduración inscritos que expidan queixo amparado pola denominación ó mercado.
Da c) os titulares das firmas inscritas solicitantes de visados de facturas ou certificados.
Da d) os titulares das empresas solicitantes das exaccións. 1.2. As subvencións, legados e donativos que reciba. ,1.3. As cantidades que puideran percibirse en concepto de indemnizacións por danos e perdas ocasionados ó consello ou ós intereses que representa.
1.4. Os bens que constitúen o seu patrimonio e os productos e vendas del.
2.—Os tipos impositivos fixados neste artigo poderán ser variados pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, por proposta do consello regulador, cando as necesidades presupostarias deste así o aconsellen.
3.—A xestión dos ingresos e gastos que figuren nos presupostos corresponde ó consello regulador.
4.—-A aprobación dos presupostos do consello regulador e da súa contabilidade será realizada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, de acordó coas normas establecidas por este centro e coas atribucións e funcións que lie asigne a lexislación vixente na materia.

Artigo 37º
Os acordos do consello regulador que non teñan carácter particular e afecten a unha pluralidade de persoas ou empresas relacionadas coa producción ou elaboración de Queixo Tetilla notificaranse mediante circulares expostas ñas oficinas do consello, e na maneira e lugares que considere máis eficaces para o seu coñecemento polos interesados.
Contra os acordos e resolucións que adopte o consello regulador poderase recorrer, en todo caso, perante a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, dentro do prazo de un mes, contado desde a comunicación daqueles.

Capítulo VIII

Das infraccións, sancións e procedemento

Artigo 38º
Tódalas actuacións que sexa preciso desenvolver en materia de expedientes sancionadores axustaranse ás normas deste regulamento, ás da Lei 25/1970, do 2 de decembro, Estatuto da viña, do vino e dos alcois, ó Decreto 835/1972, do 23 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, ó Real decreto 1.945/1983, do 22 de xuño, que regula as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; á vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a cantas disposicións xerais sexan aplicables no momento sobre a materia.

En todo caso observaranse os principios e garantías recoñecidos polo ordenamento penal. Para a aplicación da normativa anterior terase en conta 0 que establece o Real decreto 4.189/1982, do 29 de decembro, de traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de denominacións de orixe, viticultura e enoloxía.

Artigo 39º
1.—As infraccións do disposto neste regulamento e dos acordos do consello regulador serán sancionadas con apercibimento, multa, comiso da mercadoría, suspensión temporal do uso da denominación ou baixa no rexistro ou rexistros desta, tal como se expresa nos artigos seguintes, sen prexuízo das sancións que por contravi-la lexislación xeral sobre a materia poidan ser impostas. Concorrendo diversas normas seguirase o establecido segundo os principios penáis.
2.—As bases para a imposición de multas determinaranse conforme dispon o artigo 120 do Decreto 835/1972.

Artigo 40º
Segundo dispon o artigo 129.2- do Decreto 835/1972, as infraccións cometidas por persoas inscritas nalgún dos rexistros da denominación de orixe clasificaranse, para efectos da súa sanción, como segué:
A) Faltas administrativas.
Sancionaranse con apercibimento ou con multa do 1 ó 10 por 100 do valor das mercadorías afectadas. Estas faltas son en xeral, as inexactitudes e omisións ñas declaracións, asentos, libros de rexistro, volantes de circulación e outros documentos de control que garanten a calidade e orixe dos productos e especialmente as seguintes:
1. Falsear ou omitir datos e comprobantes nos casos en que sexan requiridos para a inscrición nos diferentes rexistros.
2. Non comunicar inmediatamente ó consello regulador as variacións nos datos subministrados no momento da inscrición nos rexistros.
3. Omitir ou falsear datos relativos ás produccións ou movementos de productos.
4. As demais infraccións do regulamento ou dos acordos do consello regulador, na materia a que se refire este apartado A).
B) Infraccións do establecido no regulamento sobre producción, elaboración, maduración e características dos queixos amparados.
Sancionaranse con multas do 2 ó 20 por 100 do valor dos productos afectados, podendo aplicarse, ademáis, o comiso.
Estas infraccións son as seguintes:
1. Incumpri-las normas vixentes sobre prácticas de producción, conservación e transporte do leite.
2. Utilizar, para a elaboración de queixos que amparará a denominación, leite que non cumpra as condicións establecidas neste regulamento.
3. Incumpri-las normas de elaboración e maduración de queixos.
4. Empregar na elaboración do queixo que se vai a protexer, productos non autorizados no regulamento.
5. As demais infraccións do disposto no regulamento ou dos acordos do consello regulador, na materia a que se refire este apartado B).
C) Infraccións por uso indebido da denominación de orixe ou por actos que poidan causarlle prexuízo ou desprestixio. Sancionaranse con multas que irán desde vinte mil pesetas ó dobre do valor dos productos afectados, cando aquel supere a dita cantidade, levando emparellado o comiso do producto en cuestión.
Estas infraccións son as seguintes:
1. Empregar razóns sociais, nomes comerciáis, marcas, símbolos ou emblemas que fagan referencia á denominación ou OS nomes protexidos por ela, na comercialización de queixos non protexidos.
2. Emprega-la denominación de orixe para queixos que non forah elaborados, madurados e conservados conforme as normas establecidas pola lexislación vixente e por este regulamento, ou que non reúnan as condicións e características organolépticas que deban caracterizalos.
3. O uso indebido de nomes comerciáis, marcas ou etiquetas non aprobadas polo consello regulador, nos casos a que se refire este apartado C).
4. A indebida tenza, negociación ou utilización dos documentos, etiquetas, selos, etc., propios da denominación, así como a falsificación deles.
5. Expedir queixos que non correspondan ás características de calidade mencionadas nos seus medios de comercialización.
6. A expedición, circulación ou comercialización de queixos amparados, en tipos de envases non aprobados polo consello regulador.
7. A expedición, circulación ou comercialización de queixos da denominación desprovistos das etiquetas numeradas ou carentes do medio de control establecido polo consello regulador.
8. Efectua-la elaboración, maduración ou o etiquetado en locáis que non sexan as instalacións inscritas ou autorizadas polo consello regulador.
9. 0 non pagamento das exaccións paraíiscais previstas neste regulamento por parte dos suxeitos pasivos de cada unha délas.
10. En xeral, calquera acto que contraveña o disposto neste regulamento ou os acordos do consello regulador e que prexudiquen ou desprestixien a denominación, ou supoña un uso indebido déla.

Artigo 41º
1.—Infraccións cometidas por persoas non inscritas nos rexistros do consello regulador.
a) Usar indebidamente a denominación de orixe.
b) Utilizar nomes comerciáis, marcas, expresións, signos e emblemas que pola súa identidade ou similitude gráfica ou fonética eos nomes protexidos pola denominación de orixe, ou eos signos e emblemas característicos déla, poidan inducir a confusión sobre a natureza ou a orixe dos productos, sen prexuízo dos dereitos adquiridos que sexan debidamente recoñecidos polos organismos competentes.
c) Emprega-los nomes xeográficos protexidos pola denominación de orixe en etiquetas, ou propaganda de productos, aínda que vaia'n precedidos polos termos «tipo» ou outros análogos.
d) Calquera acción que cause prexuízo ou desprestixio á denominación ou tenda a producir confusión no consumidor respecto a ela.
2.—Estas infraccións sancionaranse con multa que irá desde vinte mil pesetas, ata o dobre do valor das mercaderías, cando este valor supere aquela cantidade, levando aparellado o seu comiso.

Artigo 42º
Para a aplicación das sancións previstas nos artigos anteriores, teranse en conta as seguintes normas:
1.—Aplicaranse no seu grao mínimo:
a) Cando se trate de simples irregularidades na observancia das regulamentacións, sen trascendencia directa para os consumidores ou que non supoñan beneficio especial para o infractor.
b) Cando os defectos se corrixan no prazo sinalado para isto, polo consello regulador.
2.—Aplicaranse no seu grao medio:
a) Cando se produza reiteración na negativa a facilitar información, prestar colaboración ou permiti-lo acceso á documentación esixida por este regulamento ou polos acordos do consello regulador.
b) Cando a infracción teña transcendencia directa sobre os consumidores ou supoña un beneficio especial para o infractor.
c) Cando os defectos non se corrixan no prazo sinalado polo consello regulador.
d) Cando a infracción se produza por unha actuación neglixente, con inobservancia das normas de actuación expresamente acordadas polo consello regulador.
e) En tódolos casos nos que non proceda a aplicación dos graos mínimo ou máximo.
3.—Aplicarase no seu grao máximo:
a) Cando se probé manifesta mala fe.
b) Cando da infracción se deriven prexuízos graves para a denominación, os seus inscritos ou os consumidores.
4.—Nos casos das infraccións tipificadas no punto 5 do aparado B do artigo 40 e nos puntos 1, 2, 4, 7, 8 e 9 do aparado C do artigo 40, poderase aplica-la suspensión temporal do uso da denominación ou a baixa nos rexistros desta.

A suspensión temporal, non superior a tres meses, do dereito ó uso da denominación, levará etnparellada a suspensión do dereito a obter certificados de orixe, precintos, contraetiquetas e demais documentos do consello regulador.

A baixa suporá a exclusión do infractor nos rexistros do consello e, como consecuencia, a perda dos dereitos inherentes á denominación.

Artigo 43º
No caso de reincidencia ou cando os producto^ estean destinados á exportación, as multas serán superiores nun 50 por 100 ás máximas sinaladas neste regulamento. No caso de que o réincidente cometerá nova infracción, as multas poderán elevarse ata o triple dos máximos establecidos neste regulamento.

Artigo 44º
1.—A resolución dos expedientes incoados corresponderá ó consello regulador, cando o infractor estea inscrito nalgün dos rexistros e a sanción non exceda de cincuenta, mil pesetas. Nos demais casos, o consello regulador poñerase en coñecemento e trasladará as actuacións á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou ó organismo competente.
2.—Nos expedientes de carácter sancionador incoados polo consello regulador deberá actuar como instructor, o secretario do consello e como secretario, o letrado do consello regulador ou, caso de non habelo, unha persoa ó seu servicio.
3.—A decisión do comiso definitivo de productos e destino destes corresponderá a quen teña atribuida a facultade de resolve-lo expediente.

Artigo 45º
Nos casos nos que a infracción corresponda ó uso indebido da denominación, o consello regulador, sen prexuízo das actuacións e sancións administrativas oportunas, poderá acudir ós tribunais, exercendo as accións civís e penáis recoñecidas na lexislación sobre a propiedade industrial.