Galicia sustenta una gran abundancia de hábitats naturales y seminaturales (estuarios, lagunas, numerosos ríos, dunas, bosques, campiñas, hábitats de montaña, fondos marinos, matorrales, prados de siega, etc.) lo que se traduce sobre todo en una importante diversidad biológica. Ello es debido, por una parte, a la gran heterogeneidad orográfica, litológica, edáfica y climática, y por otra, a la influencia del ser humano desde el período Neolítico.El tipo de suelo y el clima influyen de manera determinante en el tipo de vegetación, y de esta va a depender la riqueza de la fauna que se encuentre en un lugar. Por lo tanto, cuanto más diversos sean los parámetros físicos del ambiente más diverso será este en cuanto a la flora y a la fauna que contiene. Galicia se encuentra en un enclave geográfico privilegiado por ser una zona de transición entre la región Eurosiberiana, dominante en nuestra comunidad, y la región Mediterránea, dominante en el sureste del territorio, lo cual origina una mezcla de especies de las dos regiones biogeográficas, además de los taxones endémicos del área occidental de la península Ibérica. Todo esto, ligado a la variada climatología y a la complejidad estructural de Galicia, genera un variado mosaico de hábitats que se traduce en la existencia de una flora y fauna relativamente diversas.Aunque en la actualidad existe información sobre ciertos grupos de organismos como las aves y plantas vasculares, en otros casos, como hongos, algas o invertebrados es todavía escasa, por lo que la realidad de nuestra diversidad biológica está en gran medida por descubrir. Es necesario un mayor conocimiento sobre la taxonomía y la ecología de nuestras especies para poder definir las medidas de conservación de las mismas.
Máis información:
Os Hábitats
A Directiva Hábitats (92/43/CEE) establece unha clasificación dos diferentes tipos de hábitats naturais presentes no territorio dos estados membros. Esta directiva recolle un total de 179 tipos de hábitats naturais catalogados como hábitats de interese comunitario. En España encontramos 121 tipos dos 179 hábitats identificados na Unión Europea, 58 dos cales están catalogados como hábitats de interese prioritario. Galicia conta cun total de 56 tipos de hábitats de interese comunitario, 10 deles de carácter prioritario pola dita Directiva.
A maior parte destes hábitats de interese comunitario presentes no territorio galego corresponden con hábitats costeiros e halófilos, sistemas dunares, pasteiros naturais e seminaturais e, finalmente, os bosques.
Pode dicirse que Galicia conta cun notable número de hábitats naturais dentro do contexto estatal. Estes hábitats naturais, incluídos os fondos mariños próximos á costa, acollen unha das más ricas representacións de flora e fauna da península Ibérica.
Os organismos
Plantas vasculares
Galicia conta con arredor de 3000 taxons vexetais, aproximadamente o 28% do total peninsular. En cuestión de 15 anos vista, o número de novas citas para Galicia incrementou notablemente. Preto de 30 especies vexetais presentes en Galicia están incluídas no anexo II da DC 92/43/CEE.
Este mellor coñecemento do panorama botánico galego supón unha clara evolución non só científica, senón no eido da conservación de espazos naturais. A biodiversidade vexetal medra, e con ela as posibilidades de obter novas ferramentas de xestión de espazos de cara á súa conservación.
Novamente, a diversidade de ambientes vai determinar a aparición dunha flora diversa nun territorio que é o lugar de encontro de dous mundos botánicos diferentes aínda que complementarios: o Eurosiberiano e o Mediterráneo.
Fauna
A información sobre fauna en Galicia refírese basicamente aos vertebrados (especialmente aves, anfibios e réptiles e peixes), co que o coñecemento se atopa claramente nesgado, malia que nos últimos tempos están aparecendo novas publicacións (monografías) sobre grupos que tradicionalmente estaban máis esquecidos (insectos –carábidos, lepidópteros–, invertebrados mariños, etc.).
Segundo a información fornecida pola Estratexia Galega para a Conservación e o Uso Sostible da Biodiversidade, no noso territorio podemos atopar arredor de 563 especies de vertebrados, repartidas aproximadamente como segue:
Entre os invertebrados, destacan as máis de 850 especies de moluscos (terrestres, mariños e dulceacuícolas), unha das maiores riquezas das rexistradas na península Ibérica, 72 especies de crustáceos, 577 especies de anélidos (especialmente de poliquetos), entre 8.500 e 10.000 especies de insectos e 137 especies de equinodermos.
Algúns datos sobre certos grupos animais
Ornitofauna
O número de aves nidificantes en Galicia anda polas 150 especies, aínda que esta cifra pode variar en pouco tempo dada a ocupación do noso territorio tanto por especies novas como nidificantes para Galicia ou especies que, tras un tempo de abandono, volven reproducirse na nosa terra. Tal é o caso de aves como o gaivotón (Larus marinus), que se atopa en expansión desde as súas áreas de cría no Reino Unido, e que en xuño de 2005 se detectou como nidificante en certas áreas costeiras de Galicia; tamén podemos falar doutras especies como o voitre branco (Neophron pernocterus), que en 2007 volveu criar en Galicia.
Anfibios e réptiles
En Galicia poden encontrarse ata 14 especies de anfibios (entre urodelos e anuros) e 29 de réptiles (entre quelonios, anfisbénido, saurios e ofidios). No Atlas y libro rojo de los anfibios y reptiles de España, Galicia é considerada como unha zona cunha diversidade de hérpetos relativamente elevada. Das 147 áreas de interese para a herpetofauna contempladas na dita obra, 15 están presentes en Galicia, o que a coloca como unha das comunidades con maior número de áreas de interese, que acolle tanto especies mediterráneas como eurosiberianas, así como taxons cunha marcada afinidade atlántica.
Fungos
O catálogo de macromicetos de Galicia, é dicir, daquelas especies que mostran un corpo frutífero claramente observable a simple vista, é superior ás 1000 especies. Polo tanto, a diversidade de fungos en Galicia pode considerarse moi alta dentro do contexto peninsular.
Liques
Máis de 800 especies de liques.
Lepidópteros (Ropalóceros e Heteróceros)
Unhas 2.300 especies citadas en Galicia.
Outros datos de interese sobre factores abióticos en relación coa biodiversidade.
Situación xeográfica
Galicia está situada ao NW da P. Ibérica e conta cunha extensión de 29 434 km2, tan só un 6% de toda a superficie do Estado. A pesar de predominar os perfís suaves, Galicia tamén conta cun sistema de serras elevadas na súa parte oriental (Os Ancares, O Courel, Pena Trevinca, etc.). Poderiamos dividir o territorio galego nunha Galicia costeira e nunha Galicia interior, que ten como límite un complexo de serras que se agrupan baixo o nome de Dorsal Galega. As serras galegas non conseguen altitudes considerables, a máxima cota está localizada en Trevinca (2124 m), polo que a presenza de biótopos alpinos en Galicia é escasa. Por outra parte, o litoral de Galicia non é homoxéneo, xa que desde a costa norte ata as Rías Baixas, as condicións xeomorfolóxicas e climatolóxicas varían notablemente.
En resumo, Galicia presenta unha importante diversidade de ambientes (litoral, montañoso, estepario, etc.), factor que vai determinar en gran medida a riqueza de especies animais e vexetais presente na nosa terra.
Climatoloxía
A climatoloxía de Galicia mostra un denominador común: un clima de tipo húmido oceánico. A pesar da clara influencia mariña, Galicia conta con ambientes climáticos contrastados. En xeral cabe dicir que mostra un clima suave, algo que se pon de manifesto polo baixo valor de amplitude térmica anual (da orde dos 11 ºC no litoral e de 16 ºC no interio
A rexión eurosiberiana ocupa a maior extensión, pero non hai que esquecer a existencia dun importante ambiente mediterráneo en Galicia cunha dobre influencia. O litoral, coa benignidade climática que proporciona a proximidade do mar, permite a entrada e o desprazamento a través da costa ou cara ao interior seguindo os grandes vales fluviais de moitas especies termófilas de flora e de fauna -por exemplo plantas como a xibarda( Ruscus aculeatus), a sobreira (Quercus suber), o loureiro (Laurus nobilis) ou de especies animais como a papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala), a carriza dos xuncos (Cisticola juncidis) ou a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus)-. Ademais desta influencia costeira, temos outra continental ou de meseta nas áreas lindeiras con León e Zamora e con Portugal, que inclúe as depresións ourensás do Miño e Sil, onde se conseguen os maiores niveis de mediterraneidade de Galicia, a chaira de Monforte e as serras sudorientais galegas limítrofes coa meseta e Portugal, o que supón a aparición de moitas especies ligadas a este tipo de clima. Ademais, en determinadas zonas, esta influencia climática únese á existencia dun substrato calcario (O Courel, Lastra), o que aumenta en maior medida a xericidade do ambiente.
Polo tanto, esta contrastada climatoloxía vai condicionar a existencia dunha variada flora e fauna.

