Medio Rural
Inicio >> Convocatorias >> Valor engadido dos produtos forestais

Valor engadido dos produtos forestais

A conveniencia de repercutir no sector primario forestal os beneficios dun mercado dinámico e non intervido dos produtos da madeira, precisa non só dispor de empresas competitivas de aproveitamentos, senón que tamén sexan capaces de lle transmitir ao sector forestal os valores que a sociedade demanda á madeira a través do mercado.

A competencia internacional e a crecente demanda de novos requisitos cualitativos nos produtos de consumo fai prioritario o desenvolvemento e implantación de melloras nas condicións laborais, adaptacións ambientais e innovacións na xestión empresarial que permitan dinamizar a cadea comercializadora, reducir ineficiencias e adaptarse a futuros criterios exixibles á cadea de custodia. Por iso, considérase conveniente incentivar non só melloras nos medios de produción, senón tamén melloras na calidade empresarial e na organización do sector.


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS