Medio Rural
Inicio >> Convocatorias >> Sanidade, produción integrada e ecolóxica

Sanidade, produción integrada e ecolóxica

Programas de defensa sanitaria dos cultivos (ADV)

O obxecto dos programas de defensa sanitaria dos cultivos é o control fitopatolóxico dos cultivos agrícolas, a través de entidades de carácter agrario formalmente constituídas, mediante programas técnicos ben definidos.

Preténdese que exista certa periodicidade no uso de métodos de control fitobiolóxico e que, ademais, se recorra ao emprego racional de produtos químicos, usándoos só naqueles casos nos que sexa a única forma eficaz de erradicar ou manter os axentes nocivos nuns límites tolerables, empregando métodos de control integrado de pragas.

Técnicas de produción integrada (PI)

Promóvense as actuacións produtivas coa utilización de técnicas de produción integrada que supoñan un maior compromiso ambiental e permitan compatibilizar a rendibilidade económica coa protección do ambiente, a calidade das producións e a seguranza alimentaria.

Técnicas de agricultura ecolóxica (AE)

Incentívase a produción ecolóxica como o sistema produtivo de máximo nivel de esixencia nos compromisos ambientais e maior repercusión na calidade e salubridade das producións.

Adaptación á agricultura ecolóxica

Apóiase a aqueles grupos de agricultores que para poder desenvolver unha actividade de agricultura ecolóxica solicitaron a súa inscrición no Craega, pero non obtiveron aínda o seu recoñecemento como tales por precisaren as súas parcelas un período de transición despois de ter practicado nelas técnicas de agricultura convencional.


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS