Sanidade e produción apícola
Os obxectivos destas axudas son: 
- Prestar información e asistencia técnica: asesoramento e formación de apicultores, formación de persoal de centros de envasado e de laboratorios.
- Loitar contra a varroase: asociacións de defensa sanitaria, custos de tratamentos químicos autorizados, métodos de loita biolóxica, mellora das condicións de tratamento das colmeas.
- Racionalizar a transhumancia: identificación das colmeas e dos marcos, investimentos en equipamentos de uso exclusivo para manipulación de colmeas, divulgación de boas prácticas de transhumancia, acondicionamento de espazos, seguro de danos e responsabilidade civil.
- Apoio á repoboación das abellas: programa de cría de raíñas autóctonas para a renovación do censo, reposición de baixas con enxames autóctonos.
Consulte a convocatoria na seguinte ligazón:
Axudas á mellora da produción e comercialización dos produtos da apicultura para o 2009