Incentívase as actuacións de información e promoción nas que o fin é inducir o consumidor a adquirir produtos incluídos no marco de programas de calidade diferenciada dos alimentos. Preténdense salientar as características ou as vantaxes destes produtos, especialmente a calidade, os métodos de produción ou as estritas normas aplicadas para garantir o benestar dos animais e o respecto do ambiente.
Foméntanse a organización de feiras e exposicións e a participación nelas, así como actividades similares de relacións públicas e publicidade nos diversos medios de comunicación ou nos puntos de venda.
Promoción e comercialización dos produtos agroalimentarios galegos
Estas axudas van dirixidas ás empresas agrarias e agroalimentarias, excluídas as do sector forestal e de alimentación animal, que cumpran os seguintes requisitos:
As axudas consistirán en subvencións de ata o 60% dos investimentos considerados como subvencionables.
Consulte a convocatoria na seguinte ligazón:
Axudas para a promoción e mellora da da comercialización dos produtos agroalimentarios galegos
