Medio Rural
Inicio >> Convocatorias >> Novos produtos e tecnoloxías

Novos produtos e tecnoloxías

No contexto dunha crecente competencia global en todos os sectores produtivos, é importante incentivar os sectores agrícola e forestal para que poidan aproveitar oportunidades de mercado mediante enfoques amplos e innovadores na creación de novos produtos, procesos e tecnoloxías. Con este fin, débese fomentar a cooperación entre os agricultores como produtores de materias primas, a industria de transformación dos alimentos como elemento dinámico da innovación e comercialización, e os demais axentes interesados. A colaboración debe abarcar non só os produtores agrarios e forestais e a industria de transformación, senón tamén os centros de investigación e experimentación e centros tecnolóxicos como axentes necesarios nesta cooperación, na medida en que o tamaño das empresas e das explotacións agrarias non lles permiten destinar recursos económicos e humanos suficientes para o adecuado desenvolvemento de actividades de innovación.

A diversificación da produción pode brindar novas oportunidades ás explotacións tradicionais ou en crise. O desenvolvemento e mellora de novos produtos de calidade diferenciada vai supoñer un valor engadido tanto para o sector primario como para o sector transformador e comercializador. Así mesmo, é necesario fomentar a integración dos produtores no sistema agroindustrial.

Con esta convocatoria preténdese tamén promover e apoiar a realización de accións coordinadas coa investigación que mobilicen esforzos e recursos para a resolución de problemas fundamentais que afecten a competitividade de novos produtos para a agroindustria de Galicia.

Consulte a convocatoria na seguinte ligazón:

Desenvolvemento de novos produtos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS