Medio Rural
Inicio >> Convocatorias >> Incorporación de novos activos

Incorporación de novos activos

A incorporación de poboación nova e capacitada ás explotacións é unha das mellores vías para estimular a introdución da I+D+i e a mellora dos sistemas produtivos e, polo tanto, para garantir a continuidade da actividade agraria no noso País.

Un agricultor ou agricultora nova poderase dar de alta como titular exclusivo, cotitular ou socio dunha determinada explotación, tanto a tempo parcial como total.

A axuda á primeira instalación de agricultores/as mozos/as, dirixidas a auxiliar gastos e investimentos derivados dela consistirá en:

  1. Unha prima por explotación, nunha contía máxima de 20.000 euros que se poderá substituír, total ou parcialmente, por unha bonificación de xuro equivalente.
  2. Unha bonificación de xuros, que poderá aplicarse sobre o xuro preferente na súa totalidade, por un importe non superior a 20.000 euros dun préstamo formalizado no marco do convenio financeiro establecido entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e as entidades financeiras, cuxo importe non poderá superar o 90% do gasto total e será compatible coas axudas do número 1.

A contía máxima de axuda expresadas anteriormente poderanse incrementar nun 10% nos seguintes casos:

  • Cando se xere na explotación, polo menos, 1 UTA asalariada adicional á do/a mozo/a que se instala
  • Cando a explotación estea situada en zonas desfavorecidas
  • Cando o mozo teña aprobado un Contrato de Explotación Sustentable

Consulte a convocatoria na seguinte ligazón:

Mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e incorporación de novos activos


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS