Medio Rural
Inicio >> Convocatorias >> Fomento do sector gandeiro

Fomento do sector gandeiro

Para desenvolver as liñas marcadas no Programa de mellora gandeira de Galicia, é precisa a regulación de axudas concretas destinadas, por unha banda, a prestar o apoio técnico necesario ao sector gandeiro, cos obxectivos de mellorar a súa eficacia e profesionalidade, contribuíndo á súa viabilidade a longo prazo fomentando o mantemento e a mellora da calidade xenética do gando galego, sen afectar as condicións da competencia.

As actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego serven para prestixiar o labor das gandarías acollidas nos programas de mellora gandeira de Galicia, para o fomento e difusión dos animais destas razas, e para elevar o nivel de profesionalización e especialización do sector gandeiro, mediante a adquisición e a actualización de coñecementos que deriven na implantación de técnicas ou prácticas agropecuarias que eleven a eficacia produtiva das explotacións.

Os fins que se pretenden acadar con esta orde son os seguintes:

  • O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.
  • A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.
  • A mellora da eficacia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.
  • A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS