Desenvolvemento das mulleres do medio rural
A finalidade das axudas concedidas ao abeiro desta orde é a realización de accións orientadas a:
- Fomentar o desenvolvemento das mulleres no medio rural, mellorando a súa situación e o seu contorno social, laboral e económico e incentivando unha maior presenza en todos os ámbitos da sociedade.
- Potenciar o papel da mulleres como protagonistas do tecido produtivo e social galego.
- Reducir desigualdades e facilitar a plena integración das mulleres en todas as actuacións de desenvolvemento rural, especialmente nas relativas ao sostemento da actividade agraria como principal recurso económico no medio rural, á mobilidade das terras agrarias e á diversificación produtiva con criterios de sustentabilidade.