Medio Rural
Inicio >> Convocatorias >> Agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG)

Agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG)

A finalidade destas axudas e a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución duns programas sanitarios facultativos comúns para a prevención e o control de enfermidades dos animais.

A realización dos programas sanitarios implica uns gastos adicionais para as agrupacións de gandeiros que deben contratar veterinarios que supervisen os programas e adquirir outros medios necesarios para levalos a cabo.

As axudas destínanse a subvencionar, por unha parte, os gastos de contratación de técnicos veterinarios e, por outra parte, os gastos de adquisición de medios materiais.


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS