
Título:
Plagas y enfermedades del castaño en Galicia
Resumo:
Manual didáctico sobre as enfermidades e pragas do castiñeiro, a conservación dos seus froitos e as boas prácticas de poda para evitar a entrada de patóxenos a través das súas feridas.
DL: 120-2000 | Nº páx: 129 | EDICIÓN DE 2000

Título:
A colección de vides da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia
Resumo:
Descrición polo miúdo dos resultados obtidos no Programa de caracterización do banco de xermoplasma. Pretende ser a base de referencia das variedades de vide que estiveron e están presentes na tradición galega e que evolucionaron no tempo en resposta a cambios biolóxicos, ambientais e socioculturais.
ISBN: 978-84-453-5003-4 | DL: 2961-2011 | Nº páx: 83 | Prezo: 25 €

Título:
PLAGAS, ENFERMEDADES Y FISIOPATÍAS DE LA CAMELIA
Resumo:
Estudo técnico sobre o control das pragas, enfermidades e fisiopatías da camelia, planta emblemática da produción ornamental da nosa Comunidade Autónoma.
EDICIÓN DE 2003
ISBN: 84-453-3274-0 | DL: PO-219-2003 | Nº páx: 107 | Prezo: 18,71 €

Título:
Xestión integrada de pragas. Manipulación de produtos fitosanitarios. Manual para formadores
Resumo:
Manual de información e formación de técnicos, agricultores e gandeiros relacionados coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios.
Nº páx: 341

Título:
Agroecoloxía. Manual para formadores
Resumo:
Manual para a formación de formadores que ofrece ao profesorado e aos alumnos un importante material de traballo na materia de agroecoloxía. A produción ecolóxica é un sector en auxe que representa un serio compromiso de manter o equilibrio ambiental protexendo os aspectos de rendibilidade.
ISBN: 978-84-695-0711-7 | DL: C 87-2012 | Nº pág: 399

Título:
Defensa contra os incendios forestais. Peóns conductores
Resumo:
Unidade didáctica sobre a organización e os procedementos de actuación para facer fronte aos incendios forestais dentro do territorio galego..
Nº páx: 52

Título:
Benestar Animal. Manual de formadores
Resumo:
Este manual é unha obra de referencia, consulta e apoio aos docentes, técnicos, gandeiros, transportistas e coidadores e resto do persoal que traballan neste sector. Un traballo plural e multidisciplinar onde se recollen diversas achegas das distintas profesións e áreas de coñecemento implicadas.
ISBN: 978 84 453 5024 9 | DL: C 2502-2011 | Nº páx: 521 | Prezo: 35 €

Título:
Manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios
Resumo:
Manual didáctico para agricultores, persoal auxiliar das empresas e explotacións agrarias, e outras entidades que se dediquen á aplicación e manexo de produtos fitosanitarios. Este libro axústase ao contido do programa establecido no anexo II da Orde PRE/2922/2005.
ISBN: 978-84-453-4993-9 | DL: C 1379-2011 | Nº páx: 151| Prezo: 10 €

Título:
Seguridade fronte aos praguicidas
Resumo:
Tríptico informativo sobre o emprego dos produtos fitosanitarios no sector agrario.
Descargar tríptico (1,5 Mb)

Título:
Seguridade cos tractores
Resumo:
Tríptico informativo sobre a seguridade no uso dos tractores.
Descargar tríptico (1,5 Mb)

Título:
Lei de prevención de riscos laborais (35/95) no sector agrogandeiro
Resumo:
Tríptico informativo sobre os medios de prevención dos riscos no sector agrogandeiro.
Descargar tríptico (1,2 Mb)

Título:
Antioxidantes naturais. Aspectos saudables, toxicolóxicos e aplicacións industriais
Resumo:
Este libro recolle os relatorios das xornadas e seminarios que se realizaron nos distintos puntos da xeografía galega, onde máis de corenta investigadores presentaron aspectos que abrangueron dende os mecanismos fundamentais da oxidación, a obtención de antioxidantes a partir de diversos produtos e subprodutos, aspectos de toxicidade, ...
Descargar libro (9.733 Kb)
ISBN: 978-84-453-4945-8 | DL: C 3694-2010
| Nº páx: 243
| Prezo: 10 €

Título:
Funcionalidade e operatividade dos vehículos autobomba na extinción de incendios forestais
Resumo:
Manual didáctico-práctico sobre os vehículos autobomba na extinción de incendios forestais.
DL: PO 660-2010 | Nº páx: 55

Título:
Prevención de riscos laborais no agro galego
Resumo:
Manual de consulta para que os traballadores do agro galego poidan empregar no desempeño das súas funcións e avaliar os riscos e o desenvolvemento da actividade preventiva segundo o artigo 35 do Real Decreto 39/1997, do 17 de
xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.
ISBN: 978-84-453-4944-1 | DL: PO 532-2010 | Nº páx: 323 | Prezo: 27 €

Título:
Responsabilidades legais na prevención de incendios forestais
Resumo:
Tríptico informativo sobre as responsabilidades legais na prevención de incendios forestais.
Ler

Título:
Permiso de queimas e uso do lume
Resumo:
Tríptico informativo sobre os permisos e os consellos para as queimas.
Ler

Título:
Valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia. Actualización 2011
Resumo:
Díptico que resume os resultados dos ensaios que teñen como obxectivo avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis
utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.
Descargar díptico (1,8 Mb)

Título:
Valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia. Actualización 2010
Resumo:
Díptico que resume os resultados dos ensaios que teñen como obxectivo avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis
utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.
Descargar díptico (4,7 Mb)

Título:
Normas técnicas para o cultivo, colleita e almacenaxe da pataca en Galicia
Resumo:
Descrición das recomendacións técnicas básicas máis axeitadas para aplicar nas distintas fases do cultivo da pataca en Galicia.
DL: C 3996-2008 | Nº páx: 26 | Prezo: Non venal

Título:
Produción de carne con forraxes ensiladas
Resumo:
Estudo sobre as producións de carne de vacún baseándose na utilización de forraxes ensiladas suplementadas con cantidades limitadas e pequenas de penso para conseguir producións moi altas e competitivas coas dos países do norte de Europa.
ISBN: 978-84-453-4667-9 | DL: C 4292-2008 | Nº páx: 414 | Prezo: 18 €

Título:
Valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia. Actualización 2009
Resumo:
Díptico que resume os resultados dos ensaios que teñen como obxectivo avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis
utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.
Descargar díptico (409 Kb)

Título:
Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal
e movemento pecuario
Resumo:
Manual práctico formativo en materia de benestar animal e
movemento pecuario. Trata os aspectos lexislativos e de manexo durante
o transporte dos animais incorporando información sobre os
documentos de traslado, seguridade viaria, etc.
DL: C 1700-2008 | Nº páx: 175 | Prezo: 0 € | Descargar (9,4 Mb)

Título:
Curso de tomadores de mostras de leite
Resumo:
Breve manual destinado a profesionais tomadores de mostras de leite.
Trátanse aspectos sobre a composición e características
do leite, conceptos de calidade, tomas de mostras, bases de datos
letra Q e explícanse aspectos operativos e organizativos
do LIGAL.
DL: C 807-2008 | Nº páx: 47 | Prezo: 10 €

Título:
II Xornadas de arboricultura. A árbore no territorio. Coñecendo
o presente e planificando o futuro
Resumo:
Resumo dos relatorios das II xornadas de arboricultura. Aspectos
técnicos da arboricultura e sustentabilidade son desenvolvidos
por expertos que son referentes da arboricultura nacional e europea.
Inclúe un Cd recompilatorio.
DL: C 408-2008 | Nº páx: 95 | Prezo: 0 €

Título:
Investigación e experimentación sobre pementos autóctonos
Resumo:
Manual técnico onde se expón os resultados dos proxectos
de investigación sobre a selección e mellora dos diversos
tipos de pementos galegos que teñen como obxectivo final sentar
as bases da súa mellora xenética.
ISBN:84-453-3978-8 | DL: C-520-2005
| Nº páx: 113
| Prezo: 10 €

Título:
Materiais de base de clons de castiñeiro híbrido para a produción
de madeira (Castanea crenata x Castanea sativa)
Mellora xenética de Pinus pinaster en Galicia
Principais variedades galegas de castiñeiro
Mellora xenética de Pinus radiata en Galicia
Resumo:
Serie de trípticos do Centro de Investigación e Información
Ambiental de Lourizán baseados en estudos realizados a partir de proxectos
de I+D sobre investigación forestal.

Título:
Pementos de Galicia
Resumo:
Tríptico divulgativo que dun xeito gráfico e conciso amosa as
principais variedades de pementos galegos, facendo unha sinxela diferenciación
entre eles pola súa localización, morfoloxía, rendemento
e aptitude culinaria.

Título:
Valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en
Galicia. Actualización 2008
Resumo:
Díptico que resume os resultados dos ensaios que teñen como obxectivo
avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis
utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.

Título:
Acción informativa para a habilitación do carné de
aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios
Resumo:
Tríptico divulgativo que recolle as recomendacións e información
para o aplicador de produtos fitosanitarios. Define aspectos sobre a elección
do produto, preparación e aplicación destes, xestión dos
envases, seguridade alimentaria e rastrexabilidade.

Título:
Ensilaxe de herba. Factores de variación da calidade
Resumo:
Traballo realizado polo CIAM en colaboración con empresas e institucións.
Ofrece unha información relevante sobre a ensilaxe de herba obtida tanto
a partir de experimentos realizados nos centros de investigacións coma
nas propias explotación gandeiras.
ISBN:84-453-3979-6 | DL: C-1287-2005 | Nº páx: 75 | Prezo: 7 €
