Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Investigación e formación >> Presentación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Investigación e formación

A Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, a través das subdireccións competentes desenvolve e incentiva os procedementos axeitados para a modernización e a innovación tecnolóxica no sector agroalimentario e forestal. Difunde entre a sociedade o resultado dos coñecementos obtidos nos centros de investigación e incrementa, a través dos programas de formación e de transferencia de tecnoloxía, o nivel tecnolóxico dos sectores produtivos.

Para o complexo agroindustrial galego, isto supón poder dispoñer do soporte científico e tecnolóxico necesario para un desenvolvemento sustentable. Entre os obxectivos está desenvolver a investigación agrícola, gandeira e alimentaria, ademais de impulsar o desenvolvemento e a transferencia tecnolóxica.

Ampáranse proxectos que comportan novas orientacións produtivas ou de adecuación ao mercado e ás súas esixencias, actuando en áreas como a investigación e a transferencia de tecnoloxía, a certificación da calidade ou a promoción de iniciativas de mellora específicas.

Os programas de formación agraria e forestal favorecen a profesionalización e a incorporación dos mozos e das mozas ao sector primario e a aprendizaxe permanente dos profesionais do sector. Estes factores son de trascendental importancia para restablecer o equilibrio territorial do País en condicións de vida semellantes ás das zonas urbanas.

A formación continua ofrece resposta ás necesidades dos profesionais, entidades, asociacións e poboación relacionada co sector primario. É unha oferta formativa de calidade que se imparte a grupos reducidos con contidos prácticos, actuais e adaptados ás súas necesidades.

Publicacións
Material divulgativo editado pola Consellaría do Medio Rural e do Mar clasificado por novidades e temáticas de interese agropecuario e forestal.
INGACAL
Centro destinado á investigación agrícola, gandeira e alimentaria para impulsar a transferencia tecnolóxica e apoiar novas orientacións produtivas.
Centro Tecnolóxico da carne
Dinamiza e incrementa a capacidade produtiva do sector agroalimentario mediante análises, formación, asesoramento e transferencia tecnolóxica.
Observatorio sector lácteo
Composición e funcionamento do sistema de información que permite analizar os prezos e índices de referencia do leite en Galicia.
Estatísticas
Datos descritivos da produción agrogandeira e forestal de Galicia que permiten avaliar comparativamente superficies, prezos e efectivos gandeiros das explotacións agrarias galegas.

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS