Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Información sobre prezos do leite

1. Prezo declarado do leite

Estes datos dos prezos do leite reflicten os valores obtidos a partires das “Declaracións Mensuais de Entregas de Leite de Produtores” realizadas polos compradores que recollen leite en Galicia, de acordo co establecido no artigo 24.4.a) do Real Decreto 754/2005 polo que se regula o réxime da taxa láctea. Desta maneira, estanse empregando os datos de todos os productores que entregan leite en Galicia.
 
Os prezos inclúen todos os conceptos, sen IVE, e calcúlanse a partires das declaracións de litros de leite recollidos a cada produtor xunto co importe individual aboado ao mesmo.

Para a estratificación dos datos en tramos de cota utilízanse os datos de cotas de produtores da Consellería do Medio Rural e do Mar para a Campaña 2009-2010 (actualizados periodicamente).

Prezos do leite declarados polos compradores en marzo de 2012 (90 Kb)

Prezos do leite declarados polos compradores en 2011 (86 Kb)

Prezos do leite declarados polos compradores en 2010 (63 Kb)

Prezos do leite declarados polos compradores en 2009 (38 Kb)

2. Prezos do leite percibidos polos produtores

O observatorio analiza regularmente información sobre os prezos percibidos polos produtores de leite en función do tamaño da explotación. A información ten carácter mensual e nela desagréganse os distintos compoñentes do prezo final (prezo base e distintas primas).

Prezos do leite 2010 (104 Kb)

Prezos do leite 2009, 2008 e 2007 (6 estratos) (289 Kb)

Prezos do leite 2009, 2008 e 2007 (4 estratos) (156 Kb)

Datos correspondentes aos anos 2005 e 2006 (16 Kb)

Diferencial entre o prezo do leite en Galicia e a media do Estado

Prezo medio* anual do leite (€/100 litros)
    Galicia    Estado españolDiferencia
200529,7131,25-1,54
200629,6130,51-0,90
200736,5336,410,12
200836,8439,08-2,24
200927,6930,02-2,33
201028,59 30,26-1,67

*Media anual simple
Fonte: Os datos do EE son publicados polo MAPA; as medias anuais de Galicia son de elaboración propia a partir dos datos mensuais publicados polo IGE (2005 e 2006) e a Consellería do Medio Rural e do Mar (2007-2009)


3. Prezos pagados polos produtores

Coa información procedente da operación denominada “Estatística mensual de prezos e salarios agrarios” que realiza a Consellería do Medio Rural e do Mar, o Observatório publica os prezos pagados polos produtores polos principais insumos utilizados na produción láctea. A información ten carácter mensual.

Apuntamentos metodolóxicos (52 Kb)

Evolución mensual dos prezos de 2006 a 2010 (247 Kb)


4. Prezos de venda ao público

O Observatorio publica regularmente os prezos de venda ao público nas principais canles de comercialización de lácteos (leites, iogures e queixos) en Galicia. A información ten carácter mensual.

Onda decembro 2009 (1,47 Mb)

Onda outubro 2009 (1,22 Mb)

Onda setembro 2009 (1,24 Mb)

Onda xuño 2009 (1,12 Mb)

Onda abril 2009 (1,03 Mb)

Onda marzo 2009 (1,07 Mb)

5. Prezos percibidos polo produtor en Francia

O Observatorio publica regularmente o prezo medio percibido polos produtores de leite francés segundo a Office de l'Elevage. Trátase do prezo para un leite de 38 g de MG e 32 g de MP. A información ten carácter mensual.

Prezos leite de Francia - mensual (187 Kb)

6.Cotización de produtos industriais en Francia

Cotizacións de produtos industriais en Francia 2006 a 2010 (150 Kb)

Produtos industriais en Francia 2011 (233 Kb)

 Produtos industriais en Francia 2012 - semanal (205 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS