Observatorio do Sector Lácteo de Galicia
Observatorio do Sector Lácteo ten as funcións seguintes:
- Analizar a situación do sector e as diferentes problemáticas que o afectan.
- Recompilar os datos técnicos e económicos que se lle remitan relativos ás explotacións de vacún de leite
- Elaborar un sistema de información así como os índices de referencia que se consideren axeitados para o coñecemento da evolución do sector lácteo
- Subministrarlles aos axentes representativos do sector información sobre a situación estrutural e conxuntural do sector, fundamentada, entre outros, nos prezos pagados e percibidos polos produtores, nos resultados da xestión técnica e económica das explotacións de leite e na situación de oferta e demanda dos produtos lácteos no mercado
- Asesorar os diversos servizos da consellería competente en materia agraria e de desenvolvemento rural no exercicio das funcións que teñen atribuídas no ámbito da produción agraria
- Elaborar publicacións e estudos sobre a materia
- Calquera outra función relacionada co sector lácteo que lle encargue a persoa titular da consellería competente en materia agraria e de desenvolvemento rural, ou outro titular dun órgano da consellería por delegación daquel
Decreto 61/2007 do 22 de marzo (pdf, 31 Kb), polo que se crea o Observatorio do Sector Lácteo de Galicia e se determinan as súas funcións, composición e funcionamento