As mostras que se envían ao Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia deben ir acompañadas dunha solicitude de análise asinada na que consten os datos referentes á mesma, ao tipo de análise que se solicita e a aceptación expresa dos métodos utilizados polo Laboratorio. Os datos que se deben aportar e o tamaño dependen das análises solicitadas e do tipo de mostra.
Nos Servizos Provinciais de Explotacións Agrarias, no Servizos Provinciais de Control da Calidade Agroalimentaria, nas Oficinas Agrarias Comarcais, cooperativas, sociedades agrarias de transformación (SAT), asociacións e empresas agrarias, entre outras, dispoñen dos modelos de fichas de solicitude de análise e das instrucións de envío correspondentes.
Os prezos das análises físicas, químicas e físico-químicas están fixados na orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 17 de febreiro de 1997, DOG do 18 de marzo. Os diagnósticos fitopatolóxicos son de balde porque están dentro dos programas oficiais de control de pragas e enfermidades.

