Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Medios do Lafiga

As instalacións do Lafiga están divididas en 2 edificios. A sé principal está no edificio que comparte co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, CIAM, en Abegondo. Tamén posúe outro edifico en Mabegondo, concello de Abegondo, que comparte co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite, LIGAL, e co Laboratorio de Sanidade e Produción Animal.

O equipamento científico-técnico máis salientable e representativo de cada departamento é o que segue:

Departamento de Produtos Agrarios

1. Os equipos do Laboratorio de Alimentación Animal onde se analizan as forraxes verdes e as conservadas, os pensos e os produtos cos que se alimentan os animais nas explotacións contan co seguinte material:

  • Extractores para a determinación da fibra e da graxa
  • Destilador analizador de nitróxeno e dous dixestores
  • Na caracterización de forraxes e de pensos é fundamental a determinación de nitróxeno polo método Kjeldahl, principalmente para a obtención do contido en proteína bruta. Os dixestores teñen, ademais do Kjeldahl, outras aplicacións como son as dixestións das mostras para a determinación de macro e microelementos (calcio, magnesio, potasio, sodio, cobre, manganeso, ferro, zinc e mercurio, entre outros) por espectrometría de absorción atómica ou a hidrólise na determinación das graxas.
  • Un espectroscopio de reflectancia no infravermello próximo, NIRS
  • Un cromatógrafo de gases para forraxes e un cromatógrafo de líquidos con detector de fluorescencia para micotoxinas.


2. O Laboratorio de Bebidas e Alimentos dispón de:

  • Dous cromatógrafos de gases, con detectores de ionización de lapa, inxectores automáticos e sistemas de tratamento de datos.
  • Dúas liñas de cromatografía líquida, HPLC, con detectores de índice de refracción, detector de diodos, detector de fluorescencia e detector U.V.
  • Un equipo de absorción atómica con cámara de grafito
  • Un espectrofotómetro Visíbel-Ultravioleta
  • Dous densímetros electrónicos Anton Parr. Empréganse para a determinación da densidade, do grao alcohólico, da masa volúmica, do extracto seco, das substancias volátiles e do metanol en viños e bebidas espirituosas. Todas estas determinacións son moi habituais nas peticións de análises. Os devanditos parámetros son ensaios que o Lafiga ten acreditados segundo a Norma UNE-EN ISO/IEC 17025. Á parte destes ensaios, o equipo emprégase para outras determinacións en I+D ou para o control doutras matrices como leites, aceites, vinagres, mostos, bebidas refrescantes e disolucións de azucre, entre outras. Tamén se usa para a preparación de patróns de calibración e verificación doutros equipos.

Departamento de Fitopatoloxía

1. Sección de Fitopatolo

  • Cabina de fluxo laminar
  • Cámara fotográfica dixital, dous contadores de colonias e un equipo fotográfico para microscopía
  • Lector de microplacas, un lavador automático de microplacas e catro estufas de cultivo
  • Dous microscopios ópticos, dous microscopios estereoscópicos e un microscopio óptico con monitor de vídeo
  • Termociclador con sistema de amplificación PCR, reacción en cadea da polimerasa
  • Sistema de fotodocumentación de xeles


2. Sección de Residuos de Fitosanitarios

  • Cromatógrafo de gases con detector de masas para o método de análise multiresiduos de fitosanitarios en diferentes matrices. Pode detectar a presenza de ata 120 produtos fitosanitarios en diferentes matrices: forraxes, hortalizas, froitas, cereais e alimentos naturais ou preparados, entre outros.
  • Cromatógrafo de masas.
  • Departamento de Medios da Produción
  • Algúns destes equipos úsanse tanto nas determinacións das análises de solos e de fertilizantes como nas dos produtos da alimentación animal.
  • Un espectroscopio de fluorescencia, un espectroscopio de absorción atómica con sistema de preparación de mostras e xerador de hidruros, un espectroscopio de absorción atómica con cámara de grafito e xerador de hidruros e un espectroscopio molecular Visíbel-Ultravioleta.
  • Dous analizadores multiparamétricos e varias baterías Kjeldahl.
  • Espectrofotómetro molecular Visíbel/Ultravioleta para pensos, forraxes, fertilizantes e solos.
  • Muíño de ágata específico.
Medios

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS