Estrutura do Lafiga
Hai 3 departamentos que dependen do director. Son:
- Produtos agrarios
- Medios da produción
- Fitopatoloxía
Dependen tamén do director:
- o responsábel de calidade e seguridade.
- tres administrativos e o encargado de mantemento.
O departamento de Produtos agrarios organízase en tres seccións:
- Análises de alimentos para animais: pensos, forraxes, etc.
- Análises de produtos agroalimentarios: lácteos, cárnicos, mel, conservas, embutidos, etc.
- Análises de bebidas: viños, augardentes, licores, cervexas, vinagres, etc.
O departamento de Medios da produción ten dúas seccións:
- Análises de solos e análises foliares.
- Análises de fertilizantes inorgánicos, fertilizantes orgánicos e análises de augas para rega.
O departamento de Fitopatoloxía está dividido en dúas seccións:
- Análises de pragas e enfermidades.
- Análises de matrices que poden conter residuos de produtos fitosanitarios.
O cadro de persoal está composto por 38 persoas. Delas, dezasete son funcionarios e vinte e un persoal laboral. Están a traballar, ademais, outras dez persoas entre contratados e bolseiros. Á fronte de cada sección hai un responsábel técnico cualificado.