Autoanalizador Foss para parámetros químico elementais (grado alcohólico, acidez total, acidez volátil, sulfuroso total, pH, glucosa e frutosa, ácido málico, ácido tartárico, ácido láctico, índice de Folen, glicerol), totalmente automatizado, sistema de espectrometría IR e velocidade de análise de 100 mostras/hora.
Titrador Crison, ph, azucres redutores, acidez.
Equipo analítico convencional, con destilador rápido, pH-metro dixital e equipo vario.
Espectrómetro VIS-UV Perkin-Elmer, con determinación automática de parámetros CIELab (coincidente coa norma UNE 72031) e convencionais.
Arcón conxelador para mostras, estufas de desecación e material diverso para a análise enolóxica.
Laboratorio experimental
Autoanalizador Foss para parámetros químico elementais (grado alcohólico, acidez total, acidez volátil, sulfuroso total, pH, glicosa e frutosa, ácido málico, ácido tartárico, ácido láctico, índice de Folen, glicerol), totalmente automatizado, sistema espectrometría IR e velocidade de análise de 100 mostras/hora.
Espectrómetro VIS-UV Perkin-Elmer, con determinación automática de parámetros CIELab (coincidente coa norma UNE 72031) e convencionais.
3 cromatógrafos de gases Hewlett-Packard 5890 para a determinación de compoñentes aromáticos (alcoholes superiores, ésteres etílicos e terpenoles, entre outros) en mostos e en viños.
Cromatógrafo en fase líquida HPLC Hewlett-Packard para a determinación de ácidos orgánicos e compostos polifenólicos ácidos benzoicos (gálico) e hifroxi-fenil-carboxílicos, entre eles hidroxicinámicos (cafeico, cumárico, fenílico), autocianididas (delfinidina, malvidina, peturidina, cianidina, peonina) e taninos condensados (epi e galocatiquinas).
Fotoespectrómetro de absorción atómica Perkin-Elmer para a dosificación de compoñentes metálicos.
Laboratorio de bioloxía
Invernadoiro e dous umbráculos.
Laboratorio de micropropagación.
Cámaras frigoríficas.
Cámara de termoterapia, forzado e cultivo.
Laboratorio test serolóxico ELISA.
Laboratorio de bioloxía equipado con material básico.
Cámara de cultivo con control de fotoperíodo, humidade relativa e temperatura.
Estufa pequena adaptada como fitotrón.
Cámara de fluxo laminar para traballos que requiren condicións de esterilidade como o cultivo in vitro, a extracción de ADN e a preparación de tampóns.
Autoclave para a esterilización de medios de cultivo, material de uso na cámara de fluxo laminar, material para técnicas de bioloxía molecular, auga, solucións tampón...
Microscopio estereoscópico con fonte de luz fría, sistema de vídeo con monitor e sistema fotográfico para illamento e identificación de mostras pequenas (microinxerto de meristemos, identificación de enfermidades e de patóxenos...).
Estufas de esterilización e secado de material.
Incubador de placas ELISA.
Lavador semiautomático de placas ELISA.
Lector Multiskan de placas ELISA adaptado ao ordenador e con programa incorporado que permite interpretación, procesado e almacenaxe de resultados.