Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Actividades da Estación de viticultura e enoloxía

O laboratorio traballa en coordinación co resto das áreas vitivinícolas. Aporta os datos relacionados coa calidade e coa seguridade alimentaria dos produtos do sector. Realiza, entre outras, as seguintes determinacións analíticas:

Mostos:

  • Grado alcohólico probable: avaliación do contido en azucre do mosto. Refractometría e corrección a temperatura estándar (20ºC).
  • Acidez total: neutralización con NaOH 0,1 M con presenza do indicador de viraxe (azul de bromotimol).
  • pH: pH – neutro dixital, previo calibrado a 20º C.
  • Parámetros colorimétricos
  • Ácido málico: reacción enzimática con presenza de NAD (test de Boëhringer) e lectura espectrofotométrica a 340 nm, máximo de absorción da NADH.
  • Relación glucosa/frutosa: método enzimático e lectura espectrofotométrica a 340 nm.
  • Compoñentes metálicos ( Na, K , Mg , Fe , Cu).
  • Fotoespectrometría de absorción atómica.


Viños:

  • Grao alcohólico: destilación do viño alcalinizado (suspensión de hidróxido de calcio) e determinación da masa volúmica do destilado por picnometría.
  • Densidade estándar: aerometría e corrección mediante tabulación a 20ºC.
  • Acidez total: neutralización con NaOH 0,1 M na presenza de indicador de viraxe (azul de bromotinol).
  • Acidez volátil: valoración dos ácidos volatis separados por arrastre de vapor de auga e rectificación dos vapores, previa eliminación do dióxido de carbono.
  • Sulfuroso libre e total: arrastre do dióxido de xofre con corrente de aire, fixación e oxidación por barboteo en solución neutra e diluída de peróxido de hidróxeno. Valoración do ácido sulfúrico formado con solución valorada de NaOH con presenza de indicador.
  • pH: pH – metro dixital e corrección a estándar.
  • Extracto seco: determinación indirecta a partir da densidade do viño desalcoholizado.
  • Azucres redutores: defecación e valoración con solución 0,1 M de tiosulfato sódico.
  • Ácido málico: reacción enzimática con presenza de NAD (test de Boëhringer) e lectura espectrofotométrica a 340 nm.
  • Ácido tartárico: método de Rebelein (Lipka & Tanner, 1974), por medición espectrométrica do complexo amarelo-laranxa formado polo ácido tartárico e o vanadato amónico en función da densidade óptica a 530 nm, tomando como referencia a auga.
  • Ácido cítrico: método enzimático test UV Boëhringer, referencia 139076, baseado no paso do ácido cítrico a oxalacetato e acetato mediante reacción catalizada por citratoliasa e determinación espectrométrica da NADH formada por absorbancia a 340 nm.
  • Ácido láctico: test Boëhringer e lectura espectrométrica a 340 nm.
Actividades

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS