Liñas de investigación - Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia
Experimentación en viticultura
- Fases finais de selección clonal de Albariño, Caíño e Espadeiro.
- Comportamento de diferentes clons das variedades Albariño, Caíño e Espaldeira sobre patróns distintos.
- Comportamento da variedade Albariño en diferentes sistemas de condución.
- Comportamento de diferentes variedades brancas e tintas (16 autóctonas e 12 foráneas) sobre distintos patróns.
- Influencia da esfolla e dos distintos tratamentos para o control da podremia nas variedades Mencía e Treixadura.
Experimentación en enoloxía
- Comparación de encimas comerciais na extracción e clarificación de mostos de Albariño.
- Comportamento de distintas levaduras comerciais na fermentación do Albariño e doutras variedades.
- Influencia da temperatura e do tempo de permanencia da variedade Mencía no proceso de maceración carbónica.