Liñas de investigación da Estación de Ribadumia
Formación
- Cursos de 250 horas de aptitude empresarial agraria en vitivinicultura (2 en 2006)
- Cursos de 40 horas de cata: iniciación e perfeccionamento (2 en 2006)
- Cursos de 40 horas de licores (2 en 2006)
- Cursos de 25 horas de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios (15 en 2006)
- Charlas, demostracións de método, demostracións de resultado e xuntanzas, entre outras.
Experimentación en viticultura
- Fase final de selección clonal de Albariño: parcela experimental con 31 clons
- Fase final de selección clonal de Caíño e de Espadeiro: parcela experimental con 14 clons
- Comportamento de catro clons de Albariño en catro patróns distintos
- Comportamento de catro clons de Caíño e de Espadeiro en dous patróns distintos
- Comportamento de catro clons de Albariño conducidos en emparrado e en espaldeira
- Comportamento da variedade Albariño en seis sistemas de condución e en dous marcos
- Comportamento de once variedades brancas (5 autóctonas e 6 foráneas) en dous patróns
- Comportamento de dezasete variedades tintas (once autóctonas e seis foráneas) en dous patróns
- Cantidade correcta de potasio que deben ter os solos adicados ao cultivo do Albariño na provincia de Pontevedra e o seu equilibrio co magnesio e co calcio. O estudo realízase nas subzonas do Rosal, do Salnés e do Ulla.
- Influencia da esfolla e dos distintos tratamentos para o control da podremia nas variedades Mencía e Treixadura.
Experimentación en enoloxía
- Eficacia comparativa de cinco enzimas comerciais na clarificación do mosto de Albariño a distintas temperaturas, pH e SO2
- Eficacia comparativa de cinco enzimas comerciais na extracción de mosto de Albariño a distintas temperaturas, pH e SO2
- Comportamento de distintas levaduras comerciais na fermentación do Albariño e doutras variedades
- Influencia da temperatura e do tempo de permanencia da variedade Mencía no proceso de maceración carbónica
Asesoramento técnico
- A toda persoa que o solicite, sobre calquera tema relacionado coa viticultura ou a enoloxía, incluíndo visitas a fincas ou a bodegas