Adega:
Adega co equipamento necesario para facer os ensaios programados: despalilladora-esmagadora, prensas neumáticas e de pratos, depósitos de aceiro inoxidable (de fermentación e isotérmicos), control automático de temperatura de fermentación, equipo para a estabilización tartárica do viño, filtros (de placas, de terras e amicróbico), motobombas de traslados e cámara frigorífica, entre outros.
Maquinaria agrícola:
Maquinaria necesaria para facer os labores da viña: tractor, remolque, cultivador, desbrozadora e atomizador, entre outros.
Laboratorio:
Laboratorio equipado para a realización de análises elementais de viño.
PERSOAL

