Transferencia de tecnoloxía na Estación de Baixo Miño
Divúlganse cada ano unha ducia de publicacións que se distribúen entre 700 agricultores, institucións e casas comerciais, cos resultados dos ensaios estatísticos, monográficos, relatorios en congresos e outras experiencias.
Cada ano celébrase unha xornada de portas abertas e fanse xornadas técnicas monográficas, particípase no Seminario de Especialistas de Horticultura -cuxas ponencias edita o MAPA- e colabórase con outros organismos.
Efectúanse ensaios sobre técnicas do cultivo do tomate en coordinación cos técnicos das cooperativas, os socios e os colaboradores das mesmas.
As experiencias obtidas e divulgadas nos últimos anos permitiron que os horticultores se beneficiaran das novas tecnoloxías, utilizaran as variedades recomendadas e introduciran o cultivo de novas especies como:
- Tomate: variedades longa vida, produción continuada, acolchado, fertirrega...
- Pemento: novas variedades.
- Leituga: cultivo de verán ao aire libre, variedades resistentes á “subida á flor” e acolchados, entre outras.
- Coliflor e repolo: Uso de variedades de distintos ciclos co fin de alargar o período de recolección.
- Amorodo: cultivo elevado sen solo e con variedades reflorescentes.
- Introdución de especies pouco cultivadas en Galicia: porro, cabaciña, pepino e berenxena, entre outras.
- Florícolas: Introdución de especies pouco coñecidas como Lisiantus, Státice, Limonium, Godethia e Ranúnculos, entre outras.
- Novas variedades de bulbosas.
- Técnicas de cultivo programado de crisantemo para produción continuada.
- Rendibilidade do emprego de calefacción en rosa xerbera.
- Poda de pulmón no rosal.
No programa de mellora de variedades autóctonas téñense rexistradas as de pemento Entenza (Padrón), Branco Rosal e Punxín.
Formación
Dentro do programa de formación continua desenvólvense cursos de:
- Incorporación de mozos á empresa agraria
- Curso de 250 horas de horto-floricultura
- Curso de 250 horas de xardinería
- Cursos de tecnoloxía agraria: viticultura, fruticultura, apicultura, elaboración de licores, enoloxía, cata de viños, deseño en xardinería, agricultura ecolóxica, poda de árbores de froita, gando vacún extensivo, repoboación forestal e tratamentos silvícolas.
- Cursos de temas xerais agrarios: árbores monumentais, arte floral, micoloxía, lexislación forestal e xestión de montes en man común.
- Cursos de aplicadores-manipuladores de produtos fitosanitarios niveis básico e cualificado.