Formación continua

A formación continua pretende darlle resposta ás necesidades dos profesionais, entidades, asociacións e poboación relacionada co sector primario. É unha oferta formativa de calidade que se imparte a grupos reducidos con contidos prácticos, actuais e adaptados ás súas necesidades. Vai dirixida aos profesionais dos distintos subsectores do sector primario, aos futuros profesionais do sector e aos habitantes do medio rural.

Con estas accións formativas incentívase no medio rural a modernización e a adaptación das explotacións agrarias, favorécese a incorporación dos mozos e das mozas ao sector primario e profesionalízanse os traballadores do sector.

A temática que se estuda vai dirixida a temas específicos de interese sectorial (vacún de leite e de carne, viticultura e enoloxía, maquinaria agrícola, agricultura ecolóxica, etc.)

Para máis información, póñase en contacto coa oficina agraria comarcal ou centro de formación relacionado co curso. Estas actividades formativas están cofinanciadas polo FEADER.

Rexistro de entidades homologadas de formación agroforestal

Rexistro de entidades homologadas (82 Kb)

Trípticos


Unidades didácticas

 

 

EXERCICIO 2012

  1.  PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA AGROFORESTAL 2012

EXERCICIO 2011

 

Anexo I (200 Kb)Anexo II (88 Kb)Catálogo cursos (96 Kb)