Duración
2 cursos académicos (2000 horas)
Competencia
Xestionar os recursos naturais e paisaxísticos, programando e organizando os recursos humanos e materiais e os traballos necesarios para lograr os obxectivos de produción e de protección do medio natural.
Contorno
Produción de plantas en viveiros. A súa implantación no medio forestal. Mantemento dos recursos presentes no monte para a súa mellora e racional aproveitamento posterior. Xestión de áreas recreativas e de lecer. Vixilancia do patrimonio.
Saídas
Encargado de explotacións forestais ou espazos naturais. Xestor cinexético. Viveirista. Silvicultor. Axente de medio ambiente. Guía da natureza. Colaborador de centros de interpretación da natureza. Encargado de prevención e extinción de incendios forestais. Técnico en fotografía e traballos alsodasométricos. Encargado de tratamentos fitosanitarios en forestais e xardíns. Encargado en maquinaria forestal. Encargado en piscifactorias. Consultor de empresas de traballos forestais e aproveitamentos de recursos forestais. Colaborador en gabinetes de educación ambiental. Colaborador en empresas de impacto ambiental. Colaborador en laboratorios de investigación e control. Colaborador en tarefas educativas en aulas da natureza e centros de interpretación. Deseño e mantemento de xardíns. Responsable de viveiros de plantas ornamentais. Deseño e desenvolvemento de proxectos de restauración de xardíns. Deseño de campos de golf. Organización do mantemento de campos de golf e de áreas recreativas urbanas e periurbanas. Autónomo en empresas de xardinería e/ou florería. Deseño de interiores. Responsable de obras de xardinería a pé de obra.
Módulos
| Módulo | Horas |
|---|---|
| Formación e orientación laboral | 55 |
| Formación en centros de traballo | 380 |
| Horas á disposición do centro | 80 |
| Instalación e mantemento de xardíns e restauración da paisaxe | 265 |
| Mecanización e instalacións nunha empresa agraria | 240 |
| Organización e xestión dunha empresa agraria | 90 |
| Protección das masas forestais | 105 |
| Proxecto integrado | 75 |
| Relacións no contorno de traballo | 55 |
| Xestión do uso público do medio natural | 90 |
| Xestión dos aproveitamentos cinexéticos e piscícolas | 110 |
| Xestión dos aproveitamentos forestais | 135 |
| Xestión e organización da produción de plantas | 185 |
| Xestión silvícola | 135 |
Título
Técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos.
Acceso
Diplomado en ciencias empresariais; Enxeñeiro técnico agrícola; Enxeñeiro técnico de obras públicas; Enxeñeiro técnico en topografía; Enxeñeiro técnico forestal; Enxeñeiro técnico industrial; Licenciado en biotecnoloxía; Licenciado en ciencias ambientais.

