Duración
2 cursos académicos (2000 horas)
Competencia
Xestionar unha empresa agropecuaria, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles e os traballos necesarios para acadar os obxectivos dunha produción economicamente rendible e de calidade e protección do medio natural.
Contorno
Realizar traballos á fronte de explotacións agrarias de medianas dimensións; actuar como encargado responsable de explotacións agropecuarias; dirixir empresas de servizos a terceiros e centros cooperativos; integrarse en empresas de servizos de mecanización, actuando como encargado do taller de mantemento e reparación das máquinas utilizadas en explotacións agrarias. Do mesmo xeito, pódese integrar en explotacións de grandes dimensións e en cooperativas realizando tarefas ligadas a: traballos de campo, control e mantemento da maquinaria e equipos, alimentación, selección e reprodución gandeira, organización e xestión de explotacións, control de pragas e aplicación de fitosanitarios, técnicas de comercialización, etc.
Saídas
Xerente de explotación agraria, propietario de explotación agraria, encargado de máquinas e de equipos agrícolas, encargado do control da inseminación artificial, aplicador profesional, xefe de taller rural, capataz de rega, xefe de almacén de produtos agrícolas, xerente de cooperativas de produción de sociedades agrarias de transformación (SAT) e outras asociacións de produtores, encargado de control do medio natural.
Módulos
| Módulo | Horas |
|---|---|
| Fitopatoloxía | 185 |
| Formación e orientación laboral | 55 |
| Formación en centros de traballo | 380 |
| Horas á disposición do centro | 80 |
| Mecanización e instalacións nunha empresa agraria | 240 |
| Organización e xestión dunha empresa agraria | 90 |
| Produción agrícola | 345 |
| Produción gandeira | 310 |
| Proxecto integrado | 75 |
| Relacións no contorno de traballo | 55 |
| Xestión e organización da produción de plantas | 185 |
Título
Técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias.
Acceso
Diplomado en ciencias empresariais; Enxeñeiro técnico agrícola; Enxeñeiro técnico de obras públicas; Enxeñeiro técnico en topografía; Enxeñeiro técnico forestal; Enxeñeiro técnico industrial; Licenciado en biotecnoloxía; Licenciado en veterinaria.

