Duración
2 cursos académicos (2000 horas)
Competencia
Realizar as operacións de implantación, conservación e mellora de xardíns exteriores e de interior, así como a comercialización de material vexetal e de xardinaría en condicións de seguridade e hixiene e conservando o medio natural. Manexar e manter en uso a maquinaria e útiles necesarios. Organizar e xestionar unha pequena empresa de xardinaría.
Contorno
Implantación, mantemento e conservación de xardíns e parques.
Saídas
Capataz de viveiro de planta ornamental. Capataz de mantemento de xardíns de grande ou mediano tamaño. Capataz de mantemento de céspedes en campos deportivos e outras zonas verdes. Autónomo de empresas de xardinaría. Autónomo de empresas de florería. Encargado de obras de xardinaría en grandes e medianas empresas. Capataz de podas e operacións de cirurxía arbórea. Axente de vendas de viveiros e empresas de xardinaría. Colaborador en actividades de educación ambiental.
Módulos
| Módulo | Horas |
|---|---|
| Agrotecnoloxía | 85 |
| Conservación e mellora de xardíns e zonas verdes | 145 |
| Formación e orientación laboral | 55 |
| Formación en centros de traballo | 380 |
| Horas á disposición do centro | 75 |
| Implantación de xardíns e zonas verdes | 215 |
| Instalacións agrarias | 110 |
| Mecanización agraria | 215 |
| Métodos de control fitosanitario | 130 |
| Organización e xestión dunha explotación agraria familiar | 110 |
| Produción de plantas | 215 |
| Relacións no equipo de traballo | 55 |
| Xardinaría de interiores e arranxos florais | 110 |
Título
Técnico en xardinaría.
Acceso
Bacharelatos.

