Duración
2 cursos académicos (2000 horas)
Competencia
Realizar os traballos propios da actividade forestal e os de vixilancia, mantemento e protección do medio natural, en condicións adecuadas de seguridade e hixiene e conservando o medio produtivo. Manexar e manter en uso a maquinaria e equipos necesarios. Organizar e xestionar unha explotación forestal de tipo familiar.
Contorno
Produción de plantas en viveiros. Especies arbóreas e a súa implantación no medio natural ou forestal. Mantemento, conservación e defensa das masas forestais. Aproveitamento dos recursos forestais. Especies cinexéticas e piscícolas do hábitat forestal. Traballos relacionados coa conservación e restauración do medio físico. Traballos relacionados coa xestión de áreas recreativas e de lecer. Traballos de vixilancia do patrimonio natural e sobre os posibles impactos agresores sobre o medio natural. Actividades ambientais.
Saídas
Motoserrista/rozador. Maquinista forestal, tractorista. Silvicultor. Repoboador. Viveirista. Descortizador. Resineiro. Persoal contraincendios. Colaborador de espazos cinexéticos e piscifactorías. Axente forestal (espazos naturais, parques naturais, parques nacionais). Axente do medio ambiente. Colaborador en centros de interpretación da natureza, de turismo rural e de educación ambiental. Guía da natureza.
Módulos
| Módulo | Horas |
|---|---|
| Actividades de uso público en espazos naturais | 90 |
| Agrotecnoloxía | 85 |
| Aproveitamentos cinexéticos e piscícolas | 110 |
| Aproveitamentos forestais | 185 |
| Conservación e defensa das masas forestais | 240 |
| Formación e orientación laboral | 55 |
| Formación en centros de traballo | 380 |
| Horas á disposición do centro | 50 |
| Instalacións agrarias | 110 |
| Mecanización agraria | 215 |
| Métodos de control fitosanitario | 130 |
| Organización e xestión dunha explotación agraria familiar | 110 |
| Produción de plantas | 215 |
| Relacións no equipo de traballo | 55 |
Título
Técnico en traballos forestais e de conservación do medio natural.
Acceso
Bacharelatos.

