Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Investigación e formación >> Centros de formación >> Ciclos de grao medio >> Explotacións agrarias extensivas
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Explotacións agrarias extensivas

Duración

2 cursos académicos (2000 horas)

Competencia

Realizar as operacións de produción de cultivos agrícolas extensivos e de produtos gandeiros propios da gandería extensiva, conseguindo a calidade esixida polo mercado en condicións de seguridade e hixiene e respectando e conservando o medio produtivo. Manexar e manter en uso as instalacións, máquinas, apeiros e equipos necesarios. Organizar e xestionar unha explotación familiar agraria.

Contorno

Traballos de campo. Control do manexo e mantemento de uso da maquinaria. Control de pragas e aplicación de fitosanitarios.

Saídas

Xefe de explotación agraria. Encargado de explotación de secaño e de regadío. Operador de máquinas e de equipos agrícolas. Tractorista no sector agrario. Maquinista de equipos agrícolas. Pragueiro. Aplicador de fitosanitarios profesional. Xefe de taller rural. Capataz de rega. Xefe de almacén de produtos agrícolas. Xerente de cooperativas de produción, de sociedades agrarias de transformación (SAT) ou outras asociacións de produtores.

Módulos

Módulo Horas
Agrotecnoloxía185
Cultivos arbóreos e arbustivosía200
Cultivos herbáceos185
Formación e orientación laboral155
Formación en centros de traballo380
Horas á disposición do centro50
Instalacións agrarias110
Manexo racional do gando165
Mecanización agraria215
Métodos de control fitosanitario130
Organización e xestión dunha explotación agraria familiar110
Produción gandeira ligada á terra215

Título

Técnico en explotacións agrarias extensivas.

Acceso

Bacharelatos.

Explotacións agrarias extensivas

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS