Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Infraestruturas >> Plans especiais >> Plan integral regadíos Limia
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Plan integral de regadíos

A planificación dos recursos hídricos e a creación de infraestruturas de rega son os alicerces fundamentais para o mantemento e impulso do potencial agrícola e gandeiro da Limia, xa que se presentan como mecanismos eficaces para:

  1. Permitir o inicio da diversificación de cultivos, xa que a posibilidade de rega traerá un aumento da area regable nas zonas pataqueiras, posibilitando unha alternativa a tres ou catro anos como base dunha agricultura integrada e mais respectuosa co medio.
  2. Mellorar os rendementos e a calidade das explotacións e dos produtos, permitindo os labregos limiáns competir nos mercados globais actuais.
  3. Mellorar a calidade de vida dos agricultores, incrementando as rendas das explotacións ao non ter que depender das fluctuacións no prezo dun único produto, favorecendo  ademais a incorporación de xente nova ao campo, e servindo de freo ao abandono do rural.
  4. Servir para a consolidación definitiva da agricultura na zona, garantindo o seu futuro estable e permitindo con iso o crecemento e a nova implantación de industrias transformadoras agroalimentarias, creadoras de riqueza, emprego e valor engadido para a comarca da Limia.
  5. Servir de solución dos problemas que xera o actual aproveitamento dos recursos hídricos, especialmente no referente ás extraccións indiscriminadas ás que estan sometidos os principais ríos e acuíferos da comarca, e que impiden a sustentabilidade da agricultura nos actuais tempos.

Máis información no documento seguinte:

A rega na comarca da Limia (3.134 Kb)

Plan integral de regadíos

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS