Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Infraestruturas >> Plans especiais >> Impulso vitivinícola Ribeiro
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Impulso vitivinícola do Ribeiro

Este proxecto integral abrangue todos os puntos estratéxicos: infraestruturas, capital humano, superficie territorial, variedade dos viñedos, promoción da calidade dos viños e modernización das explotacións. Os obxectivos a acadar son:

  • Dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación mediante a dotación de infraestruturas básicas.
  • Impulsar os procesos de concentración da superficie territorial.
  • Fomentar a presenza de variedades nobres e autóctonas nos viñedos.
  • Garantir a revitalización demográfica integral, inxectando xuventude a todo o medio rural e fomentando o relevo xeracional na actividade produtiva.
  • Estimular a produtividade, calidade e innovación modernizando as explotacións vitivinícolas.
  • Avanzar na profesionalización dos recursos humanos que operan no Consello Regulador do Ribeiro.
  • Impulso, promoción e difusión da calidade dos viños do Ribeiro de cara a súa extensión comercial.

Máis datos sobre este proxecto no seguinte documento:

Impulso vitivinícola do Ribeiro (1.035 Kb)

Impulso vitivinícola do Ribeiro

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS