Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Infraestruturas >> PEIM
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Programa estratéxico de infraestruturas do Medio Rural

O Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural púxose en marcha no 2006, co obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas. Elaborou as directrices para un plano de investimentos na totalidade dos concellos galegos, que se desenvolve de acordo cuns criterios básicos entre os que se sinalan proxectos destinados a dinamizar a base produtiva e a fixar poboación no ámbito rural, co fin de dignificar e de mellorar a súa calidade de vida.

Dotado inicialmente con 80 millóns de euros, foi incrementado logo nun 4%, o que elevou a cifra ata os 83 millóns. Pretende lograr un equilibrio histórico nos investimentos e demostra o valor estratéxico que lle concede o Goberno galego ao incremento da base produtiva e á incorporación de profesionais ao sector agrario.

Arredor do 70% das obras corresponden á mellora de infraestruturas viarias, como o acondicionamento e mellora de camiños e pistas rurais, o afirmado e a pavimentación. Son tamén representativas as obras relacionadas co abastecemento de auga (en torno ao 11%) e sistemas de saneamento e depuración (12%). Inclúense en menor medida outro tipo de melloras, como as relacionadas cos sistemas de levadas de auga para rega, construción de pontes e melloras nos núcleos rurais.

Programa estratéxico de infraestruturas do Medio Rural

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS