Os principais instrumentos de xestión de terras identificados en Flanders foron:
Concentración parcelaria integral
Cun obxectivo agrario, a concentración parcelaria integral enténdese como o proceso de reorganización da propiedade para facilitar o uso agrícola, mais tendo en conta a visión integral das áreas rurais, contemplando as oportunidades que o reagrupamento da propiedade ofrece para a natureza, as actividades de recreo e outros usos.
Nese sentido, as concentración parcelarias integrais contemplan medidas como:
Xestión de terras
Instrumento empregado para compatibilizar o uso agrícola con outros usos, permitindo que as condicións para a realización de actividades agrícolas, transporte, recreo e natureza estean equilibradas e os conflitos de uso do solo se minimicen.
O emprego deste instrumento está directamente relacionado coa estrutura e a planificación territorial e fundamenta a execución de proxectos na cooperación dos distintos organismos e axentes implicados no territorio.
Inclúe medidas como:
Xestión de terras para a natureza
Instrumento específico para a creación de novas áreas naturais e restauración daquelas degradadas. Cunha densidade de máis de 400 habitantes/km2, a presión das actividades humanas sobre a natureza é moi intensa en Flanders, con este instrumento preténdese desenvolver unha área desde o punto de vista da conservación, restauración e xestión da natureza na mesma.
Dependendo na área na que se traballe, inclúe actividades como:
Bancos de terra locais
Empregados como instrumento para realoxar propiedades en lugar de empregar mecanismos de expropiación e tamén para mitigar os efectos sobre a natureza como consecuencia do desenvolvemento de certas actividades e/ou construcións así como protexer os valores naturais de certas áreas (como mecanismo de compensación).
Neste sentido, os bancos de terra son xeralmente só empregados para darlles apoio aos outros instrumentos de xestión de terras mencionados.

