O 21 e 22 de novembro celébrase en Budapest o acto de clausura do proxecto FARLAND, no que Galicia participa activamente a través da Consellería do Medio Rural e do Mar e o LaboraTe da Universidade de Santiago de Compostela.
No encontro preséntanse os principais resultados acadados polo proxecto tras dous anos e medio de traballo e organízanse distintos seminarios nos que se tratan temas relacionados coa xestión de terras. Entre eles están os organizados conxuntamente pola Consellería do Medio Rural e do Mar e a Axencia Holandesa DLG sobre “Bancos de Terras” e “Xestión de Terras nos países do Sur e do Leste de Europa” así como a organizada polo LaboraTe da USC e o instituto holandés Alterra sobre “Deseño dun Curriculum para a Xestión de Terras”.
No acto están representados a nivel político todos os países participantes en FARLAND así como representantes da Unión Europea, doutros países do Leste de Europa, a FAO, e outras organizacións.
Programa (87 Kb)
Visión estratéxica do Farland (917 Kb) (inglés)

