Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Infraestruturas >> Concentracións parcelarias
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Concentracións parcelarias

A histórica fragmentación da propiedade da terra en Galicia dificultou o crecemento das explotacións agrarias, a utilización de maquinaria e o óptimo aproveitamento da superficie.

Cos procesos de concentración parcelaria preténdese conseguir unha ordenación da superficie agraria que permita un uso adaptado ás necesidades agrícolas e forestais de cada zona.

Unha das prioridades da Consellería do Medio Rural e do Mar consiste en axilizar os trámites das concentracións parcelarias que están na fase final de execución, co fin de que os seus propietarios poidan conseguir unha maior rendibilidade da produción agraria e unha mellor ordenación da terra en función dos usos.

Estas actuacións deberán ser aproveitadas para incrementar a rendibilidade económica e social, revalorizar as fincas concentradas, facilitarlles a acceso aos seus propietarios e servir de impulso para a implantación de novas explotacións e proxectos de carácter empresarial no ámbito rural.

Normativa reguladora

Lei 10/1985 de concentración parcelaria para Galicia.

Lei 12/2001 do 10 de setembro, de modificación da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Concentracións parcelarias

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS