Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Infraestruturas >> Banco de Terras de Galicia
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Banco de Terras de Galicia

O Banco de Terras pretende facilitar a ampliación da base territorial das explotacións que o precisen e proporcionar superficie agraria útil a través da mobilización das terras con aptitude agraria.

Está destinado ás explotacións que queiran aumentar a súa superficie agrícola, ás cooperativas que precisen ampliar a súa base territorial e á recuperación da actividade agraria en zonas afectadas polo envellecemento ou éxodo rural. Incentiva tamén a incorporación de mozos e mozas a esta actividade ao eliminar o atranco que supón o acceso á terra.

O seu órgano de xestión, o Bantegal, mobilizará as terras mediante un sistema de arrendamento cuns prezos de referencia, ademais de garantir o cobro do prezo establecido e a devolución da propiedade en normal estado de uso cando remate o período de aluguer.

O Banco de Terras constitúe, polo tanto, un instrumento para impulsar o medio rural e frear o abandono das propiedades, que mesmo poden conlevar risco de incendio.


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS