O obxectivo do índice de prezos dos insumos empregados na produción láctea (IPRIL) é ofrecer un índice da evolución dos prezos dos principais insumos empregados na produción láctea. O IPRIL calcúlase como unha media aritmética ponderada da evolución dos prezos das diferentes partidas consideradas. A información sobre a evolución destes prezos procede dos datos da enquisa de prezos percibidos e prezos pagados publicada polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, cuxa elaboración na Galicia corresponde á Consellería do Medio Rural e do Mar.
A ponderación das diferentes partidas de custos determinouse a partir dos datos da estrutura de custos das explotacións lácteas procedentes do Programa de Xestión de Vacún de Leite de 2007. O índice estímase trimestralmente como a variación sobre o mesmo trimestre do ano anterior. Os trimestres están deslocados un mes; deste xeito o primeiro trimestre do ano X está formado polos meses de decembro do ano X-1 e xaneiro e febreiro do ano X.
Na seguinte táboa o valor do IPRIL no segundo trimestre de 2008, por exemplo, significa que os prezos dos principais insumos empregados na produción láctea foron 22'86% superiores aos do segundo trimestre de 2007.
| Ano | 1º cuadrimestre | 2º cuadrimestre | 3º cuadrimestre | 4º cuadrimestre |
|---|---|---|---|---|
| 2007 | 4,84% | 8,92% | 18,30% | |
| 2008 | 20,93% | 22,86% | 21,59% | 13,24% |

